Emma Suárez culminou o festival de Cineuropa 2019

Cineuropa pechou hoxe a súa 33ª edición coa entrega do premio do festival á actriz Emma Suárez nunha gala que se celebrou no Teatro Principal e na que participaron o alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a directora do festival, Laura Seoane

Seoane salientou a traxectoria de Suárez da que, dixo, «é en si mesma un percorrido pola historia recente do cinema español». Deste xeito, a directora de Cineuropa recoñeceu a visión de conxunto que ten a carreira da actriz «na que non parou de encadear proxectos de cinema e televisión a cada cal máis potente e poderoso». «Premiar a Emma Suárez en Cineuropa é premiar ao cinema mesmo. Emma Suárez é o cinema», incidiu.

A actriz considerou unha honra recibir un premio que, dixo, lle fai moi feliz porque «Cineuropa es un festival en Galicia y Galicia se ha convertido en un lugar que forma parte de mi corazón». Suárez quixo adicar o seu galardón a outras das mulleres premiadas nesta 33ª edición, a actriz galega María Vázquez. «Me hace mucha ilusión haber compartido premio con ella en este festival», indicou.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.