O semblante do país para o visitante

O colectivo dos Guías Intérpretes de Turismo de Galicia visitou o pasado mércores o Museo do Pobo Galego invitados pola devandita Institución. 

Os Guìas Interpretes oficiais de Turismo de Galicia, membros do APIT, de visita documental no Museo do Pobo Galego.
Os Guìas Interpretes oficiais de Turismo de Galicia, membros do APIT, de visita documental no Museo do Pobo Galego.

O Museo, situado en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, é unha entidade civil, unha asociación que non ten fins lucrativos e que se dedica ao estudo, conservación, promoción e difusión do patrimonio histórico antropolóxico da cultura galega en todos os ámbitos. Un espazo para darse cita coa diversidade cultural de Galicia. O lugar presenta os elementos que nos definen e os obxectos que nos caracterizan como pobación cunhas sinales de identidade propias.

O Museo do Pobo Galego puxo a disposición dos Guías Intérpretes deTurismo unha visita guiada para mostrarlles as instalacións e os contidos, na necesidade de difundir a riqueza cultural que preserva e investiga.  

Adentrarse no magnífico edificio histórico é toda unha experiencia de sensibilidade artística; a espectacular escaleira en espiral; o  claustro de pedra granítica que enmarca o verde dos xardíns centrais; a melancolía que o envolve todo na súa disposión para levarnos co pensamento a calquer tempo pasado está moi pensada. Os contidos que amparan as salas fálannos da nosa historia, ás veces, de recordos que debuxan sorrisos. Visitar o Museo do Pobo Galego é unha experiencia para o gozo pero tamén un achegamento necesario para ser conscientes da labor que se está a facer para preservar a Iidentidade da comunidade no tempo.

Os pupitres dunha época
      Os pupitres dunha época

De tal sorte, a asistencia destes profesionais especializados aos diversos centros culturais cun interese documental, ten repercusión en varios eidos, e de xeito máis inmediato no turístico e económico dentro da comunidade galega. Sen dúbida, non é unha cuestión menor, pois ante os Guías Interpretes Oficiais de Turismo xestiónase a imaxe máis cualificada de Galicia.

No coñecemento e exposición dos diferentes lugares é onde os visitantes fan unha valoración que ofrece unha oportunidade xeneradora de incrementar visitantes dentro da xeografía galaica.

Estes actores sociais acreditados, licenciados ou diplomados en turismo, con carnet para desempeñar este oficio, póñense a proba cada día diante dun público esixente que reclama capacidade e coñecemento. Van ser estes profesionais os encargados de confeccionar ese pergamiño de conceptos que viaxará na fala da xente, de país en país, de cidade en cidade, de aquí a cola, e que versará entorno á riqueza cultural que a nosa terra posúe.

 

 

El pasado miércoles, el colectivo de los Guías Intérpretes de Turismo de Galicia visitó el Museo del Pueblo Gallego invitados por dicha Institución.

El Museo, ubicado en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, es una entidad civil, una asociación que no tiene fines  lucrativos, dedicada al estudio, conservación, promoción y difusión del patrimonio histórico antropológico de la cultura gallega en todos los ámbitos. Un espacio para darse cita con la diversidad cultural de Galicia. Un lugar,  como la propia institución referencia, donde se presenta los elementos que nos definen y los objectos que nos caracterizan con unas  señas de identidad propios, además del idioma.  Adentrarse en el magnífico edificio histórico es una experiencia de sensibilidad artística; la escalera en espiral; el bello claustro de piedra granítica que enmarcan el verde de los jardines centrales; la melancolía que lo envuelve todo para llevarnos con el pensamiento a cualquier tiempo pasado. Los contenidos que amparan las salas nos hablan de historia, a veces, de recuerdos que dibujan una sonrisa.

Visita dos guías oficiales de turismo galego

El Museo del Pueblo Gallego puso a disposición de los Guías Intérpretes de Turismo una visita guiada para mostrarles las instalaciones y la necesidad de difundir la riqueza cultural que preserva e investiga la Institución.

De tal suerte, la asistencia de estos profesionales especializados a los diversos centros culturales, con interés documental, tiene repercusión directa en los aspectos  turísticos y económicos en la comunidad gallega. Sin lugar a dudas, no es una cuestión menor, pues ante los Guías Intérpretes Oficiales de Turismo se gestiona la imagen más cualificada de Galicia.

A partir del conocimiento y exposición de esa comunicación a sus clientes se establece una valoración como base para generar negocio y visitantes dentro de la geografía galaica.

Consulta aquí horarios y precio de visita al Museo do Pobo Galego

Museo Pobo Galego
Claustro Museo Pobo Galego

M. N. Museo Pobo Galego

A Moda
A moda
Traxes de festividade
Traxes de festividade
A Música
A Música

 

 

M.N MPG

 

Gaiteiros
Gaiteiros
Representación da taberna
Representación da taberna
Traxes do entroido en Galicia
Traxes do entroido en Galicia
Tipoloxía do traxe do entroido
Tipoloxía do traxe do entroido

 

Os oficios
Os oficios

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.