Cultura, Portada — 19 febrero, 2018 a las 15:35

Editatona é o nome escollido para ampliación e mellora dos artigos relacionados coas mulleres na ciencia

Por

A Universidade de Santiago ten previsto celebrar este martes 20 unha ‘wikimaratón’ de creación, ampliación e mellora dos artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas. Esta actividade enmárcase na celebración do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia que tivo lugar o 11 de febreiro

A editatona ‘Investigadoras na USC: as pioneiras’, coa que colaboran Galipedia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-Gal), consiste nunha reunión virtual para mellorar colectivamente os contidos da wikipedia sobre o tema a tratar.

A priori, suxírese xa unha lista de 85 mulleres científicas que estudaron na Universidade de Santiago de Compostela entre 1910 e 1960 e que recolleu Xoana Pintos Barral na súa tese de doutoramento As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. A maiores, proponse outra serie de científicas falecidas antes de 1900 sobre as que se podería comezar a traballar.

A editatona terá lugar de 9 a 14 horas na Biblioteca Concepción Arenal e para participar fan falla unha serie de requisitos e rexistro previo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*