Don Ramón del Valle – Inclán en A Cabeza do dragón

O traballo de Producións Teatrais Excéntricas en A Cabeza do Dragón pon de manifesto a  calidade  de profesionais da escena galega

A peza foi moi aplaudida entre un público entusiasta; o elenco tivo que sair a saudar 5 ou 6 veces.

Onte cumprían o quinto día de representación e hoxe é a última función en Santiago

Cabeza Dragón

Onte gustaba ir ver a obra de teatro A Cabeza do Dragón ao Teatro Principal de Santiago de Compostela, non podía faltar! pois estamos a falar da primeira representación no idioma galego do escritor da Arousa, creador do esperpento.

Corren tempos de ledicia en Galicia, acabouse o veto imposto pola familia do escritor que durante tantos anos negaron a tradución das obras de Valle- Inclán ao idioma do país que veu nacer a tal insigne narrador e dramaturgo.

O traballo de Producións Teatrais Excéntricas en A Cabeza do Dragón pon de manifesto profesionais que souberon imprimir inxenio e creatividade na súa posta en escena sen desmerecer a identidade do autor. Dos textos orixinais arrinca unha adaptación onde asoman pingas de picaresca que o refrescan e lle dá actualidade á obra. No día de onte e despois de 4 días de representación, o Teatro Principal estaba cheo, ou o que é o mesmo, con escasas butacas baleiras. Se falamos dunha cidade onde non é frecuente que unha obra teña tantas funcións, pódese dicir que A Cabeza do Dragòn está tendo unha acollida de éxito en Santiago de Compostela.

Cabeza de Dragón. Foto: Natasha Lelenco

A boa interpretación de tódalas actrices e actores que encarnan varios papeis, e que en todos eles seguen nunha liña con pegada de Valle, remarcan un acontecemento señalado no almanaque galego. Asemade,  aspectos técnicos como luces, escenografía ou vestiario salientaron sencillez e ao tempo grandeza.

O espectáculo fai vivir aos espectadores a historia con expectativa, sen perder a atención en ningún momento; Quico Cadaval, dramaturgo, director e actor, exerce na trama como fío conductor onde é patente que consegue potenciar, non só de xeito interpretativo, que tamén, senon coa súa presencia física, por semellanza, á figura do propio Ramón del Valle – Inclán.

A peza foi moi aplaudida entre un público entregado polo que invitou ao elenco a que tivera que sair a saudar en 5 ou 6 ocasións. Todo hai que dicilo, despois da función seguiu sendo tema protagonista nas conversas das cafeterías da contorna do Teatro Principal. Escudriñábase os pormenores da obra teatral que estiveran a mirar…Cousa que indica o interese que suscitou o acontecemento.

As representacións en Galicia e Portugal nas vindeiras datas son:Planning A Cabeza do Dragón Galicia

Preme aquí para ver artigos relacionados

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.