Actualidad Política, Agenda Santiago, Cultura, Portada — 13 marzo, 2018 a las 17:50

Do ‘Gaudeamus Igitur’ ao ‘Venceremos nós’, 50 anos do maio do 68

Por

A Universidade de Santiago e a Fundación 10 de marzo conmemorarán este venres 16 os 50 anos das mobilizacións estudantís do 68 en Compostela. Farano nunha mesa redonda ás 19.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) na que intervirán testemuñas directas daquela época, que na USC mesmo se adiantaba uns meses á revolta de París.

Así, xunto co reitor Juan Viaño Rey intervirán o catedrático de Dereito Político da USC no 68, José A. González Casanova; a estudante de Historia da USC no 68, Blanca Caamaño González; o estudante de Matemáticas da USC no 68, Vicente Álvarez Areces; o estudante de Económicas da USC no 68, Emilio Pérez Touriño; e o historiador do 68 na USC, Ricardo Gurriarán Rodríguez.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*