Actualidad Social, Agenda Santiago, Cultura — 6 mayo, 2018 a las 12:52

Dispoñibles entradas e convites para os espectáculos das Festas da Ascensión

Por

A uns días das Festas da Ascención ábrese o prazo para a distribución de entradas e convites das actividades e espectáculos que se van a celebrar nestas datas especiais para Santiago de Compostela.

As Festa de Maiores será o sábado 12, no recinto feiral de Amio. Xa se poden recoller os pases

As invitacións gratuítas para a actuación conxunta da Banda Municipal de Música e da Real Filharmonía, ao igual cas sesións de microteatro no Teatro Principal, xa se poden retirar

Coas festas da Ascensión ás portas, Acción Cultural principia a distribución de entradas e invitacións para os espectáculos e actividades de acceso limitado que se inclúen no programa. Entre elas, as entradas para a XXI edición da Festa dos Maiores en Amio, que comezaron a venderse no Teatro Principal. Cun prezo de de 7,50 euros, inclúen xantar e actuación musical do grupo Alma Latina, e poderanse adquirir até 11 de maio no despacho de billetes do Teatro e en horario de 11:00 a 14:00 horas.

Abreuse o prazo para retirar as invitacións gratuítas ao concerto conxunto que a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia que ofrecerán na praza da Quintana a vindeira semana. O venres, 11 de maio ás 20.00 h, e con motivo da celebración do 170 aniversario da Banda Municipal de Santiago de Compostela (BMSC), as formacións reuniranse por primeira vez nun mesmo escenario para interpretar un programa que mestura pezas de H. Berliok, A. Márquez, R. Soutullo, e I. Chaikovsky, e inclúe a estrea mundial de What do you think about the dropping of atomic bombs in Hiroshima & Nagasaki?, do compositor galego Antón Alcalde. Casiano Mouriño e Maximino Zumalave asumirán a batuta nesta ocasión. Os convites poderanse recoller no despacho de billetes do Principal en horario de 18 a 21 h.

No mesmo lugar e horario poñeranse a disposición do público as invitacións para asistir ás sesións de microteatro da festa especial para público infantil e familiar que Acción Cultural programa para a fin de semana. O sábado 12 e domingo13 de maio, nenos e maiores poderán asistir de balde a un feixe de peciñas teatrais por conta de artistas e compañías galegas como Marta Ortiz, Avelino González, Fátima Villamel, Pablísimo, Elefante Elegante, Martín Camiña, Vero Rilo, Anxo García, Larraitz Urruzola, Ana Carreira, Ghazafelhos e Charo Pita. Haberá tamén concertos de Trotaventos, Oviravai e Gatuxo.

Mentres se ultiman os preparativos para as festas picheleiras por excelencia, esta fin de semana na Alameda xa se pode desfrutar das atraccións das festas para a veciñanza e visitantes  un espazo de recreo e espallamento que permanecerá no parque até o 20 deste mes.

Programa das festas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*