Actualidad Social, Cine, Cultura, Portada, Televisión — 6 marzo, 2018 a las 20:56

Dhogs unha película que levou 13 Premios Mestre Mateo 2018

Por

Os Premios do Audivisual galego pechou a edición XVI cunha xuntanza de gala para celebrar os premios que a Academia Galega do Audiovisual ten establecido para esta gran ocasión; a gran festa “Os Mestre Mateo”

Unha Gala dos Premios Mestre Mateo 2018 nun sábado moi frío que principiou este mes de marzo.  O Pazo da Ópera da Coruña foi o lugar escollido para acoller esta celebración importante en toda Galicia. Ateigado de xentes do audiovisual, acompañantes e invitados, o interior do edificio era un bulir de persoas,  ofrecía unha vista interesante de estilismos e estilos para este acontecer social. Os Mestre Mateo naceron para premiar o bo facer na industria do audiovisual, e xa vamos pola XVI edición, e verdadeiramente os creadores galegos búscanse ben a vida, pois estas producións preséntanse en certámenes de fóra da terra con grande éxito.

Tamén se deixaron ver entre o público moitos dos políticos galegos como Gonzalo Caballero do PSG ou Miguel A. Fernández Bello deputado por en Marea, Manuel Lago político tamén de en Marea, e mesmo Ana Pontón do BNG. Unha festa que transcorreu con anécdotas para a historia do eido audivisual, ademais das previstas reivindicacións, a prioritaria deste ano: unha chamada á visibilidade da muller; máis presenza nos espacios de decisión para  conformar unha sociedade de igualdade, cunha mirada máis democrática contando con ese máis do 50% que suman as mulleres. O evento rematou às dúas da madrugada recollendo uns novos gañadores das ansiadas estatuíñas Mestre Mateo 2018
Parabéns aos novos e merecidos galardoados!!!

Maís fotos premendo aquí

A película Dhogs resultou ser a gran revlación da noite con 13 Premios Mestre Mateo. Andrés Goteira con esta súa primeira película levou os premios ao mejor longametraxe, mellor guion, mellor dirección e montaxe, este último compartido con Juan Galiñanes. Os galardóns para os papeis protagonistas foron para Melania Cruz e Iván Marcos. María Costas e Antonio Durán “Morris” acadaron o galardón de interpretación de reparto. Suso López gañou o premio á dirección de produción. Tamén foi premiada a labor de Lucía Catoira Pan pola dirección de fotografía, ao tempo que Germán Díaz se alzaría co galardón á mellor música orixinal. Na dirección arte destacouse a Noelia VIlaboa e o premio de son recaeu en David Machado e Javier Pato

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.