Dez compañías galegas presentan a XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Dez traballos procedentes das tres universidades galegas conforman o programa da vixésima Mostra de Teatro Universitario de Galicia que se desenvolverá no Teatro Principal e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. Entre os días 22 de abril e 16 de maio, sete compañías da USC, dúas da Universidade de Vigo e unha da Coruña amosarán as súas montaxes escénicas dende as 21.00 horas, con función dobre os días 14 e 16 de maio.

A entrada é de balde previo paso polo despacho de entradas, aberto dende as 18.00 horas no caso do Teatro Principal e dende as 20.30 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño.

‘Balas sobre Broadway’ de Tolemia Teatro (USC) abrirá o programa o luns 22 no Teatro Principal, onde tamén terán lugar as funcións do martes 23, a cargo de Faisca Teatro (USC) que subirá a escena ‘O que che contei mentres facías que durmías’, e do mércores 24 da man de Artías Teatro (USC) e a obra ‘Unha noite de escuras intencións’.

O ciclo proseguirá na Sala Roberto Vidal Bolaño o luns 6 coa representación de ‘Círculo’, a cargo da Aula de Teatro Universitaria de Vigo. O martes 7 Corifeo Teatro da Universidade da Coruña representará Animaliños, a quen seguirá o mércores 8 Artías Teatro (USC) con ‘Memoria de Helena e María’.

A peza ‘Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse’, da Aula de Teatro Universitaria ‘Maricastaña’ de Ourense, dará continuidade ao programa o luns 13 de maio no Teatro Principal, onde o martes 14 a Aula de Teatro da USC-Lugo escenifica ‘Casa de ilusións’, mentres que o mércores 15 será a quenda de LaBarata (USC) con ‘Solo de triángulo en Re. 2º movemento, 3ª parte, Allegro (pero non tanto)’. Para pechar esta programación, Tra Tra Teatro (USC) subirá ás táboas ‘Arte’, novamente na Sala Roberto Vidal Bolaño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.