Actualidad Social, Portada — 17 noviembre, 2017 a las 15:16

David Mosquera, distinguido co Premio Arquímides

Por

Un estudante da USC, recoñecido nos Premios Arquímedes
Por un traballo sobre técnicas topolóxicas para coñecer o número de ordenadores conectados a unha rede sen fíos ou detectar vehículos circulando por estradas, por exemplo

O alumno da Facultade de Matemáticas David Mosquera Lois fíxose con dous dos premios Arquímedes convocados polo Ministerio de Educación. Nesta vixésimo sexta edición, o estudante da USC acadou o segundo premio na Área de Ciencias Experimentais, Exactas e Ambientais –dotado con 5.000 euros– e un especial consistente nunha estancia de dúas semanas nun centro de investigación do CSIC.

Os Premios Arquímedes teñen como obxectivo fomentar o espírito investigador do alumnado universitario mediante a concesión de premios a traballos de investigación. Dos máis de 300 presentados, o xurado seleccionou 25 finalistas –entre eles David Mosquera– dos que saíron os gañadores nas catro ramas de coñecemento: Ciencias Experimentais, Enxeñaría, Ciencias Biomédicas e Ciencias Sociais e Humanidades.

David Mosquerra concorreu co traballo de fin de máster ‘Integración con respecto á característica de Euler-Poincaré’ que lle dirixiu o profesor Enrique Macías Virgós, do Departamento de Matemáticas da USC, na especialidade de ‘topoloxía alxebraica aplicada’. Nel investiga o uso de técnicas topolóxicas avanzadas para estudar problemas tan diversos como o reconto de persoas presentes nun momento dado nunha sala de aeroporto a través de cámaras, o número de ordenadores conectados a unha rede sen fíos, a detección de vehículos circulando por estradas ou o cálculo do número de réplicas dun terremoto. O traballo supón tamén un desenvolvemento teórico dalgunhas desas técnicas.

O estudante, que se mostrou “moi satisfeito” por ver “recoñecido o meu traballo de todo un ano”, realizou o grao e o Máster de Matemáticas na USC, e na actualidade está comezando o seu doutoramento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*