Cultura, Música, Portada — 26 febrero, 2018 a las 13:48

Damián Arenas, contrabaixo da Orquestra Sinfónica de RTVE, impartirá clases na Escola de Altos Estudos Musicais

Por

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. Esta semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais dos alumnos da Escola, tamén poden asistir músicos externos ao centro.

As clases celebraranse o venres 2 de marzo, de 17:00 a 21:00 horas; e o sábado día 3, de 10:00 a 13:00 horas. Os músicos que desexen participar nestas sesións poderán matricularse a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Os aspirantes deben estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

Solista da Orquestra UNESCO Barcelona

Damián Arenas naceu en Barcelona no ano 1967. Estudou contrabaixo no Conservatorio Superior de Música de Barcelona, onde obtivo dous Premios de Honra e Matrícula fin de carreira. Con posterioridade realiza estudos de alta especialización na Escuela de Música Reina Sofía de Madrid, recibindo o diploma de “alumno máis destacado da Cátedra”. Entre 1996 e 1999 foi contrabaixo solista na Orquesta Sinfónica de Castilla y León.

Foi Catedrático de Contrabaixo no Conservatorio Superior de Música de Salamanca durante tres cursos académicos. Habitualmente imparte cursos e clases maxistrais en conservatorios, escolas de música e festivais de todo o territorio nacional. Tamén é convidado para preparar a sección de contrabaixos da Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid. Na actualidade é solista da Orquestra UNESCO Barcelona e membro da Orquesta Sinfónica de RTVE dende 1999. E dende 2008 forma parte do equipo de profesores da Escuela de Música Creativa de Madrid.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.