Actualidad, Actualidad Económica, Actualidad Social — 5 octubre, 2017 a las 4:55

Cooperativismo e Economía Social na opinión de lusos e españois

Por

O IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social reúne en Santiago a expertos lusos e españois

A cita desenvólvese na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o xoves 5 e o venres 6 de outubro

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle este xoves 5 e o venres 6 o IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social. A celebración do coloquio forma parte do programa que conmemora os 50 anos dos estudos de economía en Galicia.

O simposio celébrase baixo o lema ‘Economía social e globalización: novos desafíos, novas oportunidades’ e abordará a relación da economía social e o cooperativismo con campos como a cooperación ao desenvolvemento, o emprego, a igualdade de xénero, a xestión de servizos públicos, a economía dixital, o medio ambiente e a calidade de vida ou a gobernanza.

O seu programa iniciarase ás 11:00 horas coa inauguración e presentación a cargo de Emilia Vázquez Rozas, decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; Adoración Mozas, presidenta de CIRIEC España; Jorge de Sá, presidente de CIRIEC Portugal; Covadonga Toca, secretaria xeral de emprego da Xunta de Galicia; Eduardo Graça, presidente de CASES Portugal; e Manuel Botana, presidente de CECOOP.

A cita está organizada por CIRIEC España, Centro internacional de investigación e información sobre la economía pública, social y cooperativa; CIRIEC Portugal, e CECOOP, Centro de estudos cooperativos da Universidade de Santiago; e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*