Actualidad Política, Actualidad Social — 10 diciembre, 2018 a las 19:30

Comparecencia SOS comision parlamento

Por

O Portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, comunica que mañá día 11 de decembro ás 16 horas comparecerá no Parlamento de Galicia a requirimento da Comisión de investigación para determinar as consecuencias dos recortes e privatizacións do sistema sanitario galego (2009-208)

Manuel Martin, Portavoz: “Ante esta comparecencia, que realizo por imperativo legal, quero expresar “

1.- Que desde a Plataforma SOS Sanidade Pública apoiamos a actitude de boicot adoptada polos tres grupos da oposición promotores da mesma (En Marea, PSG-PSOE e BNG) polas imposicións e restricións introducidas na mesma polo Grupo Parlamentario Popular que a limitan e desvirtúan.

2.- Nela tentarei expoñer as graves consecuencias da política sanitaria da Xunta de Galicia desde que goberna o Partido Popular:
• As privatización de grandes centros sanitarios e da atención hospitalaria e os recortes e prestacións sanitarias que están a limitar o acceso á saúde da poboación
• O cambio do modelo de sistema coa re-centralización da áreas sanitarias e desmantelamento da Atención Primaria (absorbida polas Xerencias Hospitalarias) que esta supoñendo a masificación, perdida de capacidade resolutiva e de calidade dos centros de saúde, a supresión das consultas de pediatría e problemas asistenciais nos Puntos de Atención Continuada (PAC), a marxinación da saude mental e dos programas de saude da muller . O abandono da promoción e prevención ten graves consecuencias para Saúde e sostenibilidad do sistema
• Cesión e abduccion pola farma-industria, multinacionais e fondos de investimento das actividades de investigación, desenvolvemento, innovación (I+D+i) e formación do persoal que pretenden transformar o sistema publico galego nun motor para o desenvolvemento empresarial.

3.- Desde SOS animamos ás organizacións sociais, sindicais e políticas que integran esta alianza para realizar unha análise publico e sen restricións da grave situación sanitaria que afecta á sanidade galega e propoña medidas consensuadas para resolvela

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.