Colección mineralóxica Joaquín Pardo

Museo de Historia Natural da Universidade Compostelana (USC) exhibe ata o mes de maio a colección mineralóxica Joaquín Pardo, resultado de máis de 50 anos de traballo en covas, entulleiras e minas, ademais de intercambios, doazóns e compras. A mostra inclúe a reprodución dunha mina que os visitantes poden percorrer e así, descubrir nas súas paredes os minerais da colección.exposicion museo historia natural 05

 A colección de Joaquín Pardo, que a primeiros de ano doou ao Museo da USC, conta con máis de 5.500 pezas procedentes de xacementos de todo o mundo; minerais clásicos, activos, esgotados, singulares e ocasionais obtidos por recolección directa, por intercambio, por compra ou por doazón. 

A exposición posúe un destacado valor científico e cultural, xa que ademais de conter representación de practicamente a totalidade das clases mineralóxicas, todos os exemplares están documentados axeitadamente. “Sen dúbida –dixo o reitor na inauguración–, falamos dunha colección que vai enriquecer sensiblemente o patrimonio do Museo de Historia Natural, abrindo novas portas á capacidade científica, didáctica e cultural da nosa universidade”.

 A exposición ‘A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC’ permanecerá aberta ata maio no horario do museo (de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e pola tarde, de 16.30 a 20.00 horas. Os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas).


exposicion museo historia natural 07 (1)

Sobre Mariel Norat 210 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.