Cineuropa 2019 dende a perspectiva de muller

A mirada feminina protagonista desta nova edición

Cineuropa este outono terá lugar do 7 ao 28 de novembro

O 45 por cento da produción que se proxecte foi feita por mulleres

Laura Seoane e Javier Trigales coordinarán esforzos nesta edición número 33 

FOTO. Mariel Norat, Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela
De esquerda a dereita: Laura Seoane, Xaquín López, Mercedes Rosón e Javier Trigales

Hoxe presentábase Cineuropa no Pazo de Raxoi da man de Mercedes Rosón, primeira teniente alcalde; Xaquín López, xerente do Auditorio de Galicia; Laura Seoane e Javier Trigales, produtora e coordinador respectivamente de Cineuropa 2019. Unha edición que vén marcada pola nova dirección do evento e, por suposto, pola temática que este ano foi elexida.

Unha oportunidade, como dicía a concelleira Mercedes Rosón, para ver bo cinema fóra dos canles comerciais e que chega neste 33 aniversario para ofrecer a diversidade de voces femininas nunha tentativa combativa. Como dato significativo indicouse que o 45 por cento dos filmes que se van a proxectar están feitos por mulleres. 

Este 2019, presume un cartel moi suxerente que lembra e retoma as miradas dende a perspectiva da muller, invitando a participar nesa festa de celebración, do 7 ao 28 de novembro, aos amantes do cine para mergullarse na ficción no fío de observar outras realidades, e poder pensar e conversar sobre elas.

O Festival vai estar dirixido por un equipo vinculado a mulleres segundo as manifestacións dos responsables institucionais presente na rolda de prensa, que indicaron que a  dirección e produción vai  ser liderada pola xornalista Laura Seoane. A coordinación correrá a cargo do xestor cultural, Javier Trigales, que ten experiencia xa en outras accións relacionadas co cinema. Tamén sinalouse que o funcionamento do festival, fundamentalmente non variaba a estructura que xa tiña tradicionalmente.

Cineuropa vaise manter para seguir facendo as cousas coma ata agora. Xaquín López poñía de exemplo que aquelas persoas que queiran participar na valoración das películas poden anotarse na web como viñan facendo durante estes anos.

A directora de Cineuropa, Laura Seoane, fala deste encargo encomendado como un acto de responsabilidade e compromiso.

Este venres foi un achegamento na dinámica deste evento que xa constitúe unha estimada cita cultural do outono compostelán. Pero queda a presentación oficial que terá lugar o día 31 de outubro, e para entón darase a coñecer toda a programación deste cineuropa 2019… Haberá que agardar uns días para desgranar as xornadas de cine.

Eso si, as entradas estarán á venta a partir do día 4 de novembro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.