Atanasiu pechou o Festival da Atlántica e a Cornamusa foi para o Museo do Pobo Galego

Christian Atanasiu un artista de luxo que pechou o Festival  Atlántica 2017

Justo Beramendi González, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego manifestou a necesidade de alcanzar os recursos para continuar coa labor desenvolvida de manter e gardar as señas de identidade galegas.

Facer calar á xente con Shhhhh (sic) ben alto,… no Auditorio de Galicia!

O Festival da Atlántica, data de encontro coa narración oral, chegou ao remate da súa quinta edición no Auditorio de Galicia coa actuación de Christian Atanasiu. Un artista este que derrocha talento e coñecemento sobre o escenario; clown, teatro, mimo ou danza fanse patentes no traballo que desenvolve con gran naturalidade e delicadeza o artista afincado en Barcelona. Christian Atanasiu presenta un espectáculo onde tódalas ferramentas actorais están engrasadas para levar a cabo un bo traballo. En aparienza pode parecer sinxelo, mais só en apariencia.

Christian Atanasiu

Sobre as táboas o artista xogou coas palabras en moitas liñas; fixo posible comunicar un contido alleo às palabras no código que lle temos asignadas ou aprendido (separou o significado do significante para darlles a estes últimos unha alternativa). È coma se lanzara ao aire as letras para darlle voltas enredando con elas, esperándoas abaixo para crear outra dimensión onde só se focaliza a emoción e o xestual. E si, é posible a comunicación.

Nunha sala con moitas prazas baleiras, que non facía xustiza á altura do artista que tivemos o gusto de estar a mirar; e a pesar do interese que despertou nalgúns veciños e tamén colaboradores portugueses do propio Festival que tiveron a ben acudir á representación, o aforo foi pobre.

O artista Christian Atanasiu, foi profesor en varias edicións dos posgrados de Arte Dramática en Santiago de Compostela até que se fundou a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo, no ano 2005, hoxe pechaba este Festival da Atlántica 2017 cun cartel de luxo até o vindeiro ano 2018.

En canto ao lugar escollido para a actuación, o Auditorio de Galicia, resulta inquietante que o público asistente non teña no inverno un sitio cómodo onde esperar os minutos previos a facer entrada na sala. Onte no Auditorio coa cafetería pechada todos agardábamos nun cachiño da entrada porque o resto do espacio estaba reservado, vetado, vixilado. Por outra banda, non se podía facer ruido porque estaban a gravar na sala contigua. Nestas, a xente que nos atopábamos gardando na entrada vivimos o insólito feito de ter visto como o bedel mandaba calar á xente con Shhhhh (sic) ben alto,… no Auditorio de Galicia! Resulta bastante chocante que un lugar público con tantas posibilidades, penso que privilexiado, non teña a capacidade de poñer en marcha unha maior organización cando pon á venta entradas para un espectáculo…Como idea; pode que a cafetería non se poda abrir, pero o espacio esta aí para usalo. É só unha idea!

A organizadora do Festival Atlántica, Soledad Felloza, concedía a figura (cornamusa) que é emblema do Festival ao Museo do Pobo Galego por considerar, segundo as súas verbas, que o Festival e o Museo do Pobo Galego perseguen intereses parellos; por querer manter no tempo tradición e cultura. O Cornamusa foi recollido polo presidente do Patroado Justo Beramendi González, que agradeceu a atención para con o Museo e manifestou a necesidade que a institución ten de alcanzar os recursos para continuar coa labor desenvolvida de manter e gardar as señas de identidade galegas.64d1c4_cornamusa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.