Centro Dramático Galego; unha aspiración sen consolidar

Quen pode dubidar que o teatro, o cine, a pintura ou calquer manifestación artística ou literaria é un ben común?

Asemade falamos do mundo das ideas, da creación;  espacios específicos parece que difíciles de lexislar. Difíciles, mais non imposibles

IMG_20170405_193934
Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego. Ernesto Chao, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Rebeca Montero, actriz. Eduardo Alonso, dramaturgo e director de escena (Teatro do Noroeste) e Inma López Silva, profesora da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia. Javier Ferreira, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

O Auditorio de Galicia foi escenario onte dun encontro organizado pola revista Tempos Novos, que lidera o xornalista e profesor universitario Luis Álvarez Pousa. A misión era abordar nunha conversa o futuro do Centro Dramático Galego despois das últimas tempadas de dimes e diretes entre a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e a institución pública (CDG). Un conflito, cuxo punto álxido chegou coa dimisión de Tito Asorey como director dunha das pezas do CDG. A disconformidade veu provocada polo proceso de selección do elenco artístico.

Unha circunstancia que dou visibilidade á insatisfacción que se respira no sector actoral galego, dende hai tempo, polo funcionamento do Centro Dramático. A decisión de Tito Asorey veu a desbordar unha situación suspendida no tempo que rematou con «Martes de Carnaval”

Os orzamentos deficitarios, segundo as palabras de Fefa Noia, directora do CDG, son as razóns que provocan o descontento entre as xentes do teatro. Pois isto da lugar a que só se leve a cabo unha obra ao ano e que se contrate pouca xente para súa escenificación. Algúns dos artistas alí presentes facían fincapé no desprestixio da entidade e na escasa incidencia de públicos que move a institución en comparación con calquera das compañías teatrais galegas. A actriz Rebeca Montero manifestou a falta de vontade política por parte da administración para chegar a arraxar os problemas.

Para Eduardo Alonso, director do Teatro do Noroeste, hai que buscar a excelencia e darlle sentido ao Centro dramático como un Teatro Nacional

Javier Ferreira, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, observou que realmente o CDG nin sequera figura con personalidade xurídica,  depende da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), adscrita á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tal e como está nestes intres o asunto non ten moito sentido. É dicir, móvese no estreito corsé que se fixo no seu día, e que a día de hoxe non gañou forza, máis ben, e a vista do que acontece, perdeu fuelle.

Por outra banda, os directores teatrais falaron da peculiaridade neste sector para a contratación de elencos. Pois sinalan  que a AGADIC marca unhas pautas que non son propicias para a súa praxis, e aínda que, a voz de pronto, pode parecer falta de transparencia e incluso que entrañe desigualdade, os directores da escena indican que compromenten o seu proxecto á contratación duns actores e actrices que lle aseguran unha porcentaxe de certezas de éxito. Por iso necesitan certa liberdade para contratar.

salonteatro2

Onde está a chave!

Se ben é certo que o acontecer deste pulso aberto, pero contido, das dúas entidades é público e notorio, non deixa de ser chamativo como se establece a comunicación entre eles, máis por unha parte que pola outra. Unha pose onde  queren manter as formas intentando que ninguen se incomode directamente. Pero non se abordan os verdadeiros problemas en profundidade, “solo la patita”. Así é complicado atopar solucións.

Encontro que Fefa Noia, como directora CDG, sen ser responsable das políticas administrativas vai ter unha posición nada cómoda nesta contienda contida.

Daqueles anos 84, no que foi fundado o Centro Dramático Galego até a actualidade pasaron moitas cousas, e moitas outras deronse por ben feitas. Pero nestes intres, cunha crise que rachou cos modelos desenvolvidos, volve a xurdir a necesidade de un forte compromiso e vontade nos cargos executivos. E polo tanto, ter unha posición clara para levar adiante un proxecto e defendelo como ferramente cultural na lingua que lle dá sentido e servindo de locomotora para a profesión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.