Agenda Pontevedra, Cultura, Música — 10 enero, 2017 a las 1:01

Cantos na Maré contará co músico guineano Manecas Costa

Por

Décimoterceira edición do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na  Maré, que se celebrará no Pazo da cultura de Pontevedra o  vindeiro 14 de este mes de xaneiro às 21 horas.

A homenaxe a Fran Pérez ‘Narf’ e a música de Guadi Galego xunto coa do guineano Manecas Costa, a do angolano Paulo Flores, a da portuguesa Celina da Piedade e a da brasileira Kátya Teixeira centrarán unha das primeiras grandes citas musicais de 2017

unnamed

 Manecas Costa volve ao festival despois de terse incorporado á gran familia musical de Cantos na  Maré na edición do 2005. Foi a partir dese momento cando comezou a crearse unha rede de colaboradores galegos cos que ten presentado varios proxectos, construíndo esa comunidade musical que está na vontade e na filosofia deste festival. Un dos mais nomeados foi Fran Pérez, Narf, con quen gravou o disco ‘Aló Irmão’ en 2009.

O músico máis recoñecido da Guiné faranos revivir a irmandade afro-galega e traerà a súa enerxía imparábel e contaxiosa. Manecas creceu no seo da grande tradición guineana escoitando música tradicional e aprendeu as súas primeiras notas musicais aos 8 anos da man do pioneiro da música moderna de Guinea Bissau, Xosé Carlos Schwartz. A sensualidade do Gumbé, un ritmo de danza crioulo inspirou o seu primeiro grupo ‘África Livre’, co que se fixo inmensamente popular, ata o punto de ser nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNICEF con so 19 anos, polas súas letras, enteiramente dedicadas aos problemas sociais de Guinea. A partir de aí comezou a viaxar por toda África e Europa, e en 1990 estableceuse definitivamente en Lisboa, fuxindo dos conflictos civís no seu país. En Portugal, foi construíndo gradualmente a súa carreira, traballando con lendas lusófonas como Waldemar Bastos, Paulino Vieira, Paulo Flores, Tito Paris, Mariza, Rui Veloso, Luís Represas, o xa falecido Bana, e con outros artistas internacionais cono Susheela Rahman, Mory Kanté, Carlos Orozco, Tama, Chico César ou Uxía. A súa música, acústica e eléctrica á vez, explora o son salvaxe e vibrante de Guinea Bissau interpretado coa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra de Manecas Costa, un dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.

O novo festival contará con máis participación e implicación da cidade, multiplicando o número de eventos e contidos e achegándose a unha fórmula híbrida que mesturará actividades profesionais e actividades abertas ao público xeral, pivotando sempre sobre ese espazo cultural común xa definido polos usos lingüísticos e con vontade de abrir un mercado e interesar a unha comunidade musical que se expresa en linguas próximas ás nosas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.