Actualidad, Agenda Santiago, Festa — 19 julio, 2018 a las 19:10

Bus nocturno para desfrutar da Festa do Apóstolo sen botar man do coche

Por

 Actívase o transporte nocturno durante as festas do Apóstolo para solventar problemas de atascos e impedimento á hora de desfrutar do grande acontecemento que nestes días vive Santiago de Compostela.

Unha nova do Concello de Compostela que hoxe deu a coñecer Jorge Duarte, concelleiro Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade

Cada liña terá 4 saídas nocturnas

A Festa do Escalo tamén contará coa facilidade de transporte público para asistir

O reforzo funcionará dende a noite do sábado 21 ata a noite do 31 de xullo. “haberá autobuses nocturnos en 12 liñas do transporte urbano, con catro saídas en cada unha delas”.
O servizo nocturno funcionará na liña 1, no traxecto Rosalía de Castro-Boisaca; 4, entre As Cancelas e Romaño; 5, no tramo República Arxentina-Vite; 6, entre a rúa do Hórreo e Vilamaior e San Caetano e Os Tilos; 7, no traxecto Valle Inclán-Aríns; e 8, entre Boisaca e Vidán. Tamén haberá autobuses nocturnos na C11 de Fontiñas, a P1 (estación de autobuses-Figueiras), P2 (estación de autobuses-Ortoño), P3 (Valle Inclán-Susana), P7 (Virxe da Cerca-Grixoa), e P8 (Valle Inclán-Villestro). As paradas serán as habituais nesas liñas, e os horarios de saída http://www.santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1531999319Apoostolo_2018._Servizos_nocturnos_transporte.pdfserán as 00:00 horas, 1:00, 2:00 e 3:00 horas, coa excepción da liña 4 sentido Romaño e da liña 8 sentido Vidán, que terán ambos traxectos as saídas ás 0:30, 1:30, 2:30 e 3:30 horas.

Máis info premendo aquí

Festa do Escalo en Chaián

O Concello, a través de Tussa, tamén vai ofrecer un servizo especial de transporte o domingo 22, con motivo da celebración da Festa do Escalo en Chaián. O concelleiro de Mobilidade apuntou que “esta é unha cita moi concorrida, e o espazo de estacionamento é limitado”. Os autobuses funcionarán dende as 10 da mañá, con frecuencia cada dúas hora, facendo o percorrido habitual da liña P6. A saída é desde a rúa da Rosa, para pasar por República Arxentina, Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, Virxe da Cerca, Praza de Abastos, San Roque, San Caetano, estrada da Coruña, Polígono do Tambre e Chaián.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*