Actualidad, Agenda Santiago, Cultura — 15 noviembre, 2018 a las 9:31

Biblioteca vivente no Museo do Pobo Galego

Por

A actividade terá lugar o xoves 15 de novembro ás 17:30 horas por diferentes espazos do Museo do Pobo Galego.

O catálogo da Biblioteca Vivente estará composto por oito libros vivos que representan oito historias que xiran arredor da tradición.

O Museo do Pobo Galego e a asociación Xandobela organizan a terceira edición da Biblioteca Vivente “Tesouros vellos para xente nova”. Esta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, terá lugar o vindeiro xoves 15 de novembro ás 17:30h da tarde e estará repartida por diferentes espazos do museo.

Nas bibliotecas viventes, os libros son persoas dispostas a compartir os seus coñecementos. Nesta ocasión, o catálogo está composto por oito Libros Vivos, que representan oito historias que xiran arredor da tradición. As persoas asistentes terán que escoller tres Libros Vivos do catálogo para descubrilos, sen saber que historias gardan e quen está detrás delas. Esta iniciativa busca construír coñecemento dun xeito directo, vivencial e participativo a través do diálogo cos lectores e as lectoras.

Sobre o proxecto

O Museo do Pobo Galego coñeceu esta experiencia en 2013 da man do proxecto Grandes Tesouros, enmarcado dentro do programa europeo de aprendizaxe permanente Grundtvig do que Xandobela era entidade parceira xunto a outras de Polonia, Grecia, Letonia, Estonia e Portugal. Daquela, o Museo do Pobo Galego foi unha das institucións de apoio local. As bibliotecas viventes combinan a anterior proposta coa idea doutro proxecto, a iniciativa Dialogue for Tomorrow, desenvolto tamén dentro do Grundtvig e apoiado pola Comisión Europea.

A Biblioteca Vivente “Tesouros vellos para xente nova” emprégase para a protección e difusión dos coñecementos de persoas de idade que viviron unha historia de vida significativa, que manteñen un oficio ou un coñecemento determinado e que están abertas a compartilo coas xeracións futuras. As súas historias vivas portan unha parte importante da nosa identidade cultural e pertencen ao noso Patrimonio Cultural Inmaterial.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.