Cultura — 29 noviembre, 2018 a las 19:07

Beneficiados da convocatoria aberta de axudas culturais

Por

Un total de 36 entidades, 14 delas profesionais e outras 22 sen ánimo de lucro, vanse beneficiar da convocatoria aberta de axudas de apoio a procesos e actividades culturais impulsadas pola Concellaría de Acción Cultural. En total, repartiranse 150.000 euros. A concelleira Branca Novoneyra mostrou a súa satisfacción co resultado desta convocatoria, que “supón un importante cambio na política de axudas á cultura que aposta pola concorrencia competitiva”.

Blanca Novoneyra, concelleira

A concelleira de Acción Cultural deu conta hoxe da resolución da convocatoria, que tiña como obxectivo “fomentar a autonomía e a consolidación do tecido cultural de Compostela, e contribuír a paliar a precariedade laboral no sector”. Branca Novoneyra explicou que, en total, repartíronse 150.000 euros, “cifra que triplica á anterior convocatoria en 2016 e que está moito por riba das últimas axudas deste tipo, convocadas en 2008 e nas que se repartiran 40.000 euros”. A edil salientou a aposta pola concorrencia competitiva no reparto de axudas ás entidades culturais “fronte aos convenios nominativos, que queremos limitar a proxectos únicos que non se poidan desenvolver nin desde o ámbito público nin desde o sector privado”. Nesta liña, Novoneyra apuntou que no que levamos de mandato as axudas nominativas no sector da cultura reducíronse de 20 a 9. + Info

Relación de beneficiados

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.