Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago

martes, 12 noviembre 2019

12.15 h. Relatorio ‘New carbon reactivity rules’ a cargo do profesor Marcos García Suero do Instituto Catalán de Investigación Química. Aula de Seminarios. CiQUS

20.00 h. ‘Coloquio: interseccións arte e ciencia’ a cargo da física teórica, cineasta e comunicadora Ágnes Móscy
Centro Galego de Arte Contemporánea/CGAC

Cineuropa 7 ao 28 de novembro en Santiago de Compostela.

David Trueba, que presenta ante o público a preestrea de Si me borrara el viento lo que yo canto. O documental conta a historia do disco Canciones de la Resistencia española que se editou en Suecia durante a dictadura franquista despois de que dous estudantes dese país viaxaran a España e coñeceran a Chicho Sánchez Ferlosio.

Entre a axenda do día, Cineuropa acolle a proxección de:

Liberté, a película de Albert Serra que compite na Sección Oficial Europea. O filme, que recibiu o Premio Especial do Xurado Un Certain Regard no Festival de Cannes, sitúase no ano 1774, xusto antes da Revolución Francesa, nalgún lugar entre Postdam e Berlín, onde un grupo de libertinos foxe do novo goberno ultraconservador de Luís XVI.

Monos é a terceira película do colombiano Alejandro Landes. Unha longa que compite na sección Latidoamericano é que este ano recibiu premios no festival de Sundance, no Festival Internacional de Cinema de Berlín e en San Sebastián. O filme narra a historia dun grupo de adolescentes guerrilleiros alcumados Los Monos que teñen a misión de protexer unha doutora americana secuestrada en Colombia.

-Sarah Gavron asina Rocks, un filme que pasou pola sección oficial do festival de San Sebastián e que aborda as relacións paternofiliais a través da historia de Rocks, unha adolescente do East End londinense.

 

Museos e Exposicións

Exposición: A paisaxe e a súa pegada IIAta finais de decembro. Casa do Cabido

A paisaxe e a súa pegada II é a segunda parte da exposición que puido contemplarse nos últimos meses na Casa do Cabido. Nesta ocasión son os fotógrafos Andrea Costas, Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler os que nos amosan a súa visión da paisaxe ligada a Compostela como meta e ao propio Camiño de Santiago.

***Horario: de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Horario Museos

Museo do Pobo Galego:

 De martes a sábados: 10:30 – 14:00 e de 16:00 – 19:30h. Domingos e festivos: 11 a 14h

Casa do Cabido

Verán: De martes a sábados: 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Domingos de 11 a 14h. Os luns pechado ao público.

Inverno: De martes a sábados: 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas. Domingos de 11 a 14h. Os luns pechado ao público.

Casa da Troya

  Todos os xoves, venres e sábados de maio. O horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a      20:00 horas.
                                           Diario / Semanal                                                        

Actuación Tuna. De abril ata principios do mes de novembro

21:30 h. Tunos da Facultade de Dereito. De luns a domingo. Soportais do Pazo de Raxoi (Plaza do Obradoiro)

Mercadiño de: /

 09:00 a 14:00 h. Roupa e Complementos.  Xoves. No lugar de Salgueiriños

11:00 a 19:00 h. Artesanía. Todos os días, de luns a domingo. Na Rúa Nova

09:00 a 20:00 h. Artesanía e antigüedades. Xoves e sábados. Na Praza Cervantes e na Praza da Azabachería/  ou Praza da Inmaculada

09:00 a 14:00 h. Artesanía e antigüedades. Sábados, na Rúa do Franco

16:00 a 20:00 h. Mercado biolóxico. Martes na Terraza de Belvís

Visitas Guiadas pola cidade de Santiago de Compostela

*Visita pola cidade da man de guías oficiais de turismo de Galicia ( distínguense polo paraugas amarelo e o logotipo da Asociación deste colectivo en cor negro +info)

Coñecer a cidade baixo a mirada de profesionais que ofrece fiabilidade na información que facilitan, ademais da merecida calidade do servizo. Tlfno: 981 57 66 98. Visitas todos os días con dous itinerarios. O punto de encontro sempre é a Praza de Praterías

Inverno

guías oficiais12:00 h. a 14:00 h.  Visita da ciudade histórica Patrimonio da Humanidade. Prezo persoa, 12 €

Verán

12:00 h. a 14:00 h. / 18:00 h. a 20:00 h. Visita da ciudade histórica Patrimonio da Humanidade. Prezo persoa, 12 €

Visitas Guiadas ao patrimonio da Universidade

Dous itinerarios

  • 12:00 h. Colexio de Fonseca e Facultade Xeografía e Historia. Duración: 1:30 horas (Luns a Sábado)
  • 16:30 – 17:00- 17:30 – 18:00 h. Balcóns do Obradoiro, Colexio de Fonseca e Colexio de San Xerome

Nota:
-A visita aos espazos universitarios pode sufrir restricións debido á celebración de actos académicos ou época de exames, (Bibliotecas, Paraninfo, Balcóns do Reitorado, etc). Consulten dispoñibilidade. +Info

Detalles

Fecha:
martes, 12 noviembre 2019
Evento etiquetas:

Lugar

Santiago