Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Mercado navideño na rúa Santiago

jueves, 5 diciembre 2019 - domingo, 5 enero 2020

Prendido do alumeado de Nadal adxudicado á empresa Iluminaciones Santiaguesas. Tamén nesta edición se manterá o Belén de San Fiz, e volverase a ver o Belén no Obradoiro.

17 a 20 h, Presenza do Papá Noel para atender peticións dos nen@s. Estará na casa da primeira pranta do Corte Inglés.

***Repetirá a súa estancia os días: 15, 20, 21, 22, 23 e 24 deste mes de decembro. O 24 modifica un pouco o horario, pois será de 16 a 19 horas.

Programa Centros Socioculturais: preme aquí

Pasearte III
Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates do Ensanche de Santiago. Pasearte é unha mostra que busca achegar á cidadanía o traballo de artistas e galeristas, ao tempo que atrae ao público ao Ensanche compostelán nunhas datas claves para o comercio local.

O comisario da mostra é Javier Blanco Lado, que foi o encargado de integrar as obras de arte nos escaparates, en colaboración con establecementos e galerías. Nesta edición son 60 as obras que se amosan, creadas por outros tantos artistas de primeiro nivel e emerxentes. Entre eles atópanse nomes moi coñecidos como Vari Caramés, Din Matamoro, Alejandra Atarés, Antonio Murado, Menchu Lamas, Pierre Loiuis Geldenhuys ou Pamen Pereira.

Mercado de Nadal do 5 de decembro ata o 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde

O espazo contará con 15 postos de venda instalados en casetas montadas especificamente para esta finalidade. O Mercado cambiará de expositores en cinco quendas:

Gastronomía e decoración de Nadal
Quenda 1: xoves 5 a martes 10 de decembro (6 días
Quenda 2: mércores 11 a martes 17 de decembro (7 días)
Quenda 3: mércores 18 a luns 23 de decembro (6 días)

Artesanía e regalos
Quenda 5: Xoves 26 a luns 30 de decembro (5 días)
Quenda 6: Martes 31 de decembro a domingo 5 de xaneiro (6 días)

***Estará aberto de de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:30 h agás o día 31, con apertura só de mañá. Estará pechado os días 24 e 25 de decembro e o 1 de xaneiro

Detalles

Comienza:
jueves, 5 diciembre 2019
Finaliza:
domingo, 5 enero 2020
Categorías del Evento:
, ,
Etiquetas del Evento:
,

Local

Santiago

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.