Actualidad, Cultura, Literatura — 15 noviembre, 2018 a las 10:23

Avelina Pérez e Paula Carballeira gañan os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María da AGADIC

Por

‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ é a obra coa que AveLina Pérez obtivo o Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, mentres que Paula Carballeira conseguiu por terceira vez o Manuel María de literatura dramática infantil con ‘Somos os monstros’
Ambos os galardóns entregaranse o domingo 2 de decembro en Pontevedra no marco da feira Culturgal
O xurado resolveu deixar deserto o XII Barriga Verde de textos para monicreques

Paula Carballeira foto de M. González Vicente

AveLina Pérez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, é a obra gañadora do XXIV Premio Álvaro para textos teatrais, o máis lonxevo do seu ámbito en Galicia e un dos referentes da escrita dramática en galego. Así o decidiu o xurado dos galardóns literarios que convoca a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e que tamén recoñeceu Somos os monstros, de Paula Carballeira, co X Manuel María de literatura dramática infantil. Canto ao XIII Barriga Verde de textos para monicreques, foi declarado deserto tanto na modalidade de público adulto como na de infantil.

Estes recoñecementos da Xunta, que serán entregados o domingo 2 de decembro en Pontevedra no marco da feira Culturgal, comparten o obxectivo de estimular a creación literaria para teatro en Galicia, ao tempo que impulsan a súa posta en valor e proxección social. Neste sentido, ademais dunha dotación de 6.000 euros para cada premio e categoría, as bases contemplan a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións literarias que a Agadic mantén xunto con varias editoriais galegas.

Nesta ocasión, o xurado estivo presidido por Laura Tato e del tamén formaron parte, como vogais, Ana Carreira, Cristina Domínguez, Laura Míguez, Cándido Pazó e Roi Vidal Ponte. O seu ditame foi emitido tras valorar os 75 textos presentados á convocatoria de 2018, dos que 39 optaban ao Álvaro Cunqueiro, 13 ao Manuel María e 23 ao Barriga Verde (14 na modalidade infantil e 9 na de adultos).

Obra lúdica e crítica
A súa decisión de lle conceder o Cunqueiro a AveLina Pérez foi adoptada por maioría, salientando na acta o carácter lúdico e crítico de Ás oito da tarde, cando morren as nais, que “explota as posibilidades do xogo escénico cunha concepción aberta do espazo e cunha mirada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción”. Segundo a propia autora, o texto “achega un canto coral sustentado no absoluto baleiro”, de xeito que o teatro cede o seu escenario ao “espectáculo da estupidez”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.