Artículos de: Redacción

Por / en Actualidad, Galicia, Portada, Turismo

A colaboración para potenciar as singularidades galegas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou esta mañá os programas ‘Menús Saudables’ e ‘Un descanso nos Camiños’, dúas novas iniciativas que están dispoñibles a partir de hoxe nos balnearios da nosa comunidade e incrementan a calidade dos seus servizos. Ao acto tamén asistiron a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), Marta Fernández, e representantes […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Cultura, Literatura

Lectura pública da obra de Manuel María

A Mesa pola Normalización Lingüísitica, a Asociación Cultural e Musical Solfa e a Agrupación Cultural O Galo convidan á veciñanza de Santiago a participar na lectura pública, que baixo o título Manuel María na túa voz, desenvolverase na Praza de Cervantes, ás 19.30, mañá 22 de abril, e que pretende render unha homenaxe literaria e popular ao escritor que este […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Cultura, Teatro

A rede de intercambio teatral con Portugal empeza a segunda montaxe

COMEZAN NO PORTO OS ENSAIOS DE ‘O MUNDO PERSISTENTE’, ESPECTÁCULO DIRIXIDO POLO GALEGO TITO ASOREY DENTRO DO PROXECTO NÓS  Trátase da segunda montaxe producida no marco desta rede de intercambio teatral, da que forman parte o CDG e a ESAD de Galicia xunto cos teatros portugueses D. Maria II e o São João e as escolas superiores ESTC de Lisboa […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social, Cultura, Teatro

A figura da actriz María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) organiza unha serie de actividades para lembrar e difundir a figura de María Casares neste 2016, ano no que se conmemora o vixésimo aniversario do seu pasamento e a vixésima edición dos Premios de Teatro que levan o seu nome. Os diversos actos teñen como intención dar a coñecer a esta […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad, Actualidad Social, Agenda

Actividades:Mesa redonda en Rianxo; Casco de Leiro

Xoves, 7 de abril  20.00 h. Mesas redonda: Casco de Leiro; 40 anos do achado. Salón de Actos do Auditorio de Rianxo A mesa redonda estará composta por: José Mª Vicente, descubridor do Casco; Manuel Gago, doutor en xornalismo; Bea Comendador, doutora e profesora da Universidade de Vigo; Roberto Pena Puentes, xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia; Adolfo Muíños, […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social

A Astronomía de Ramón María Aller, 50 anos despois

Publícase por vez primeira en galego Astronomía a ollo ceibe de Ramón María Aller, un clásico de divulgación científica. A presentación do libro coincide co 50 aniversario do pasamento do seu autor. Deste xeito, a Secretaria Xeral de Política Lingüística coeditan xunto coa Universidade Compostelá  o libro Astronomía a ollo ceibe, tradución ao galego da obra publicada en 1948 Astronomía […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Cultura, Portada, Teatro

CDG COLABORA COA SALA MADRILEÑA LAZONAKUBIK

A sala de teatro madrileña LaZonaKubik desenvolve ata o vindeiro 22 de marzo un taller-laboratorio de creación para actores e actrices arredor da obra do autor xaponés Shiro Maeda, quen conducirá o encontro xunto coa directora do Centro Dramático Galego (CDG), Fefa Noia. Baixo o título ‘Suteru Tabi’, a iniciativa organizada en colaboración coa compañía pública galega e co apoio […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad, Actualidad Social, Galicia, Turismo

O Museo Casa da Troia abre ao público

O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse dende este venres, 18 de marzo, ata o vindeiro domingo 27 de marzo. De martes a domingo, o horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado, como é habitual,  o luns durante todo o […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad, Actualidad Social

A Plataforma Queremos Galego convoca manifestación

O mércores 16 ás 11.30 h. a Plataforma Queremos Galego fai unha chamada a manifestarse diante do Concello de Lugo con motivo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en relación ao uso da lingua. Queremos Galego (plataforma composta por máis de 600 colectivos sociais) anunciou no día de hoxe, accións por todo o país en contra […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad, Cultura, Portada

Exposición, Moda: Con Fío en Galicia

Hoxe a Cidade da Cultura inaugurou unha mostra que renderá homenaxe ó labor levado a cabo polos deseñadores galegos e ós logros acadados polo sector téxtil de Galicia. A exposición, comisariada polo historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, levaranos a dar un paseo polos últimos 35 anos da historia da moda galega, imprescindibles para a comprensión da nosa moda actual. Un […]

Seguir Leyendo ›