Cultura, Música, Portada — 23 marzo, 2018 a las 17:45

Asemblea Xeral da Federación Galega de Bandas de Música

Por

XXXI Asemblea Xeral da Federación que reúne ás bandas de música galegas elexiron nova directiva.

Novembro será a data escollida paraa o Certame Galego de Bandas que terá lugar no Auditorio de Galicia

 O concerto Música no Camiño reunirá 20 agrupacións musicais nas rúas da cidade antiga de Compostela

O acto abreu a I edición “Marcamos o compás” dunha banda de música galega formada na súa totalidade por mulleres das nosas catro provincias.

Na xuntanza presentáronse os proxectos que desenvolverán neste ano 2018, entre os que cabe destacar unha nova edición do Certame Galego de Bandas, que terá lugar a primeira fin de semana de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Ademais, anunciouse unha nova edición do ciclo de concertos “Música no Camiño”, onde máis de 20 agrupacións teñen a posibilidade de interpretar un concerto nas rúas do casco histórico da capital galega.

As bandas asistentes tamén aprobaron as novas edicións dos campus musicais que organiza a Federación, xunto cos encontros da banda sinfónica e do Festival de bandas infantís e xuvenís, que neste ano terá lugar o domingo 1 de xullo na Cidade da Cultura.

Ademais, e despois de catro anos, a actual xunta directiva deu o relevo a un grupo de nove voluntarios das catro provincias galegas. O novo presidente é Iván Estévez, músico da agrupación ourensá A Lira de Ribadavia. Acompáñano na tarefa representantes das bandas de Arzúa, Cedeira, Visantoña, Merza, Silleda, Rábade-Begonte-Outeiro de Rei e Xinzo de Limia.

Por último, e para pechar a xornada, os representantes das bandas tiveron unha comida de irmandade e posteriormente asistiron á primeira edición de “Marcamos o compás”, o primeiro concerto dunha banda de música galega formada na súa totalidade por mulleres das nosas catro provincias.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.