As Tertulias do Airas Nunes

Tertulias Airas Nunes

O pasado 12 de novembro tivo lugar en Compostela un acontecemento que de seguro vai ter importancia para o futuro cultural de Galicia.

En tempos onde as redes sociais aprópianse do espazo das relacións persoais copando un papel protagonista, que, ata certo punto, de non ser ben utilizadas aillan aos individuos provocando danos aínda por testimoniar, un grupo de persoas vencelladas ao mundo do libro xuntáronse en vivo e en directo para intercambiar impresións e opinións do presente e do futuro da literatura.

Nestes intres onde a transformación do noso entorno é evidente por mor das novas tecnoloxías é necesario buscar novas vías de actuación que nos poidan ofrecer  alternativas a este xiro que mudou a nosa realidade, e consecuentemente, as costumes sociais. De tal sorte, os avances extraordinarios que estamos a vivir e que representan internet e ás tecnoloxías con todos os seus aparellos, deixa tamén ao descuberto as carencias na nosa estructura social para facer fronte ao novo escenario e a ese novo xeito de entender o mundo e relacionarnos.

A Tertulias do Airas Nunes nace para atopar un punto de conciliación e avance dende o punto de vista da supervivencia dos creadores e das contornas culturais. Esta iniciativa anima á participación na procura de seguir alimentando e incentivando a sabedoría e o inxenio intelectual

Nunes
Tertulias Airas Nunes (12-11-15)

Neste contexto, persoas do ámbito cultural, entre outros Víctor Fernández Freixanes, profesor, editor, xornalista e escritor, xunto con Manolo Portas, profesor e escritor,  tiveron a estupenda idea de congregar a un nutrido grupo de escritores, editores e xentes amantes da palabra e da cultura nesta primeira xuntanza o xoves pasado. María López Sández, escritora e estudosa da literatura participou na introdución do tema para despois dar paso aos alí presentes. O lugar escollido foi a cafetería Airas Nunes, na rúa do Vilar en Santiago de Compostela. O nome otorgado a estas tertulias, que terán unha periodicidade no tempo, coincide neses dous bos estímulos; café e literatura. Este é un feito que vén a lembrar outras xuntanzas intelectuais que xa tiveron mención no eido literario ao longo da historia, e sempre marcaron momentos de impulso na evolución da cultura. Hai referencias dabondo na literatura e en cada cidade. En Santiago, as tertulias do Derby, ou as do café Azul poderían ser completados por outros poucos establecementos máis. En Madrid as tertulias do café Gijón. Unha vez máis a historia vén a dicirnos que cando as xentes se unen consiguen impulsar cuestións prioritarias. A intelixencia colectiva coa choiva de ideas desvela un debujo con máis luz e en sintonía cuns tempos que mudan e piden solucións. Sen dúbida, algo quere  movese na cultura.

Tertulias Airas Nunes (12-11-15)
Tertulias Airas Nunes (12-11-15)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.