As pezas de Abraham e Isaac do Mestre Mateo pertenecen a Santiago de Compostela

Por

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou esta mañá en rolda de prensa que o Concello vén de atopar documentación que demostraría que as estatuas de Abraham e Isaac do escultor Mestre Mateo pertencen ao consistorio compostelán.
As estatuas atópanse na actualidade formando parte dunha exposición no Pazo de Xelmírez, continuidade doutra que tivo lugar no Museo do Prado entre novembro de 2016 e marzo de 2017, sobre a obra do Mestre Mateo.

FOTO. elpais.com

Estas dúas esculturas, que representan a Abraham e Isaac, están na actualidade en mans da familia Franco, a pesar de que non existe ningún documento de cesión por parte do Concello de Santiago, quen as adquiriu en 1948 por unha cantidade de 60.000 pesetas. O documento notarial de compravenda, así como o resto do expediente, foi atopado tras un traballo de documentación levado a cabo nas últimas semanas nos arquivos da Universidade de Santiago de Compostela. Nese documento condiciónase a venda a que as esculturas non saian do patrimonio municipal nin por enaxenación, doazón, concesión de depósito ou calquera outra figura, xa que en caso contrario debería indemnizarse ao vendedor con 400.000 pesetas.

Na documentación localizada recóllese tamén un informe técnico do arquitecto Francisco Asorey onde describe as figuras e di delas que posúen “gran valor artístico”.

Ademais do debate que se dará no vindeiro Pleno sobre este asunto, o alcalde anunciou que os servizos xurídicos do Concello están a traballar para presentar unha reclamación xudicial para que a familia Franco devolva estas esculturas ao patrimonio dos composteláns e das compostelás.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.