Actualidad Política, Actualidad Social, Portada — 8 octubre, 2018 a las 15:01

As mulleres responden ao clasismo e machismo do alcalde de Vilanova de Arousa

Por
Unha concentración silenciosa estase movendo nas redes sociais contra as declaración machistas de Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa.
Xa ten hora, será ás  oito da tarde deste mércores 10 outubro na cidade de Pontevedra

A concentración circula nas redes co hashtag #DuranDimisión e fixa o punto de encontro no cruce da rúa Daniel de la Sota e a rúa Peregrina

Foto Facebook de Gonzalo Durán Hermida, alcalde de Vilanova de Arousa.

Unha concentración silenciosa estase movendo e correndo polas redes sociais contra as declaracións machistas de Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa. O feminismo non esquece o clasismo e machismo e se revolve fronte ao silencio do Partido Popular ao que pertenece o mandatario pontevedrés.
Esta concentración é convocada polo servicio de igualdade da Deputación de Pontevedra e vén a sinalar o enfado de mulleres en relación coas declaracións do alcalde de Vilanova de Arousa chamando “chacha ” a Carmela Silva e “Ancián” a Abel Caballero (presidenta da Deputación de Pontevedra e alcalde de Vigo respectivamente, ambos do Partido Socialista). Nuns momentos de loita pola sensibilización contra a lacra da violencia machista constitue unha ofensa imperdonable en calquer persoa pero máis nun representante da cidadanía. Dende que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, fixera estas declaracións a unha televisión local e saltase aos medios de comunicación nacionais por uns comentarios fora de todo lugar, o Partido Popular non tomou ningunha medida ao respecto. De tal xeito que estase a preparar unha concentración na cidade de Pontevedra reclamando ao Partido Popular que rexeite o machismo manifestado e o desprecio pouco honorable entre persoas civilizadas, e máis sendo políticos.

A concentración no cruce da rúa Daniel de la Sota e a rúa da Peregrina na cidade do Lérez será encabezada polo hashtag, ou etiqueta, #DuranDimisión

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.