Cultura, Música — 13 diciembre, 2017 a las 21:11

As clases maxistrales da Escola de Altos Estudos Musicais trae a trompista norueguesa Frøydis Ree Wekre

Por

A recoñecida trompista noruega Frøydis Ree Wekre formará a xoves músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

É membro honorario da Sociedade Internacional de Trompa e profesora na Academia Noruega de Música

 

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza da prestixiosa trompista norueguesa Frøydis Ree Wekre.

Xunto aos alumnos da Escola, tamén poden asistir músicos externos ao centro. As clases celebraranse o xoves 21 de decembro, pola mañá de 10:00 a 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas; e o venres 22 desenvolveranse de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Imparte conferencias e clases maxistrais por todo o mundo

Frøydis Ree Wekre naceu na cidade norueguesa de Oslo en 1941, no seo dunha familia de músicos. Dende moi nova comezou a estudar piano e violín, aínda que aos dezasete anos se decidiu pola trompa. Ademais de cursar estudos no seu país, formouse en Suecia, Rusia e os Estados Unidos.

Despois de gañar o primeiro premio no concurso nacional para músicos de vento, en 1965 accede ao posto de axuda de solista da Orquestra Filharmónica de Oslo, no que estivo ata o ano 1990. Na actualidade é profesora de trompa e de música de cámara na Academia Noruega de Música. Actúa como solista, interpreta música de cámara, imparte conferencias e clases maxistrais por todo o mundo, ao tempo que participa como xurado en certames internacionais.

O seu libro “Reflexións sobre como tocar a trompa ben” ten sido traducido a varios idiomas. Numerosos compositores escribiron obras para ela. Foi presidenta da Sociedade Internacional de Trompa, da que é membro honorario dende o ano 1994.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*