Arturo Ripstein; un dos Premios Cineuropa 2015

Arturo Ripstein
Arturo Ripstein

Cineuropa, é esa cita anual que todos os de compostela agardan con ilusión e que especulan cada ano con aproveitar mellor, se cabe. É o encontro dos amantes do cinema, dos profesionais do audiovisual e dos que se resisten, aínda, tanto de dentro como de fóra de Santiago. O final, estamos a falar da posibilidade de mirar un bo cine lonxe do que son os presentismos e as modas na industria da ficción.

E como non…Ten o aliciente de premiar aos que nos fan felices con súa paixón, talento e capacidade para compartir o seu traballo. Nesta ocasión o cineasta Arturo Ripstein (dúas veces gañador da Cuncha de Ouro en San Sebastián, de tres Grandes Corais na Habana, de múltiples Arieles mexicanos, convidado habitual nos festivais de Cannes e Venecia), recibirá o Premio Cineuropa mañá, xoves 19, ás 20:30 horas  no Teatro Principal.  Despois do acto proxectarase ‘Profundo Carmesí’, película dirixida por Ripstein en 1996. Ademáis do premiado, contarese coa presenza da preciada actriz Marisa Paredes,  que forma parte do reparto do  filme.
Cineuropa recoñece nesta edición a dous directores: un con máis de medio século de traxectoria internacional, o máis importante dos directores mexicanos, Arturo Ripstein; o outro, un dos máis recoñecidos valores da vangarda do cinema portugués e europeo, autor recente do tríptico estreado como acontecemento autoral no festival de Cannes, ‘As Mil e Uma Noites’, Miguel Gomes.

O Festival Cineuropa xa vai pola edición número 29 e na súa organización contase con proxeccións nas distintas salas da cidade, concertos e actividades complementarias que enmarcan as datas do evento diseñadas dentro dunha idea cultural que atopa acollida entre a xente en xeral e o recoñecemento tamén da crítica co Premio da crítica. Polo que se confirma e consolida como un evento imprescindible no panorama da programación cultural na capital de Galicia.

Programa-Cineuropa-2015

Marisa Paredes
Marisa Paredes

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.