Actualidad

Por / en Actualidad Social, Cultura

Protesta pola perda da oficina bancaria de Galeras

Actualización: 06/07/2018 A Asociación de Veciños Plataforma de Galeras mobilízase como protesta polo peche da oficina Abanca da rúa Domingo García Sabell de Galeras. Santiago de Compostela. 04/07/2018. Mañá ás 13:00 horas convoca a súas socias e socios  diante da oficina principal de Abanca en Santiago na rúa Montero Ríos para dar de baixa a súa conta, e mostrar o seu […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social, Portada

A véspera de San Xoán, noite máxica de herbas e cacharelas para purificarnos

Co programa Roteiro da Memoria, iniciativa da Plataforma de Galeras, e da man do profesor da USC, Antonio Míguez Macho, coñecimos o emplazamento da antiga prisión franquista de Santa Isabel e a súa historia, ademais dunha pequena andaina por lugares únicos que non todos coñecen, pero que tamén son Compostela Da parada do autobús de Galeras saímos ás 6 da […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social, Portada

A profesión académica da comunicación volve a ser vulnerada

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas rexeita, unha vez máis, a convocatoria por parte do Concello de Arzúa dunha oposición libre para a contratación laboral temporal dun auxiliar da radio municipal en cuxas bases só se esixe como requisito estar en posesión do graduado no Ensino Secundario Obrigatorio. O pasado luns 4 de xuño de 2018 o […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social, Agenda Santiago, Cultura

Á Beira do Sarela en xuño 2018

A Universidade de Verán 2018 ofrece o curso titulado ‘Galego, porta aberta para o mundo’ cuxo obxectivo é revisar a situación actual da lingua e contribuír a súa promoción. As sesións terán lugar entre o 26 e o 29 de xuño na Facultade de Filoloxía (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Política, Portada

Rubén Cela non será candidato nas vindeiras eleccións municipais de Santiago de Compostela

“Responde exclusivamente a unha cuestión de tipo persoal e familiar”, explicou Afirmou “ser consciente de que é o mellor momento” para tomar esta decisión porque o BNG en Santiago está “nunha boa posición” ao conseguir nos últimos tempos reactivar a base militante e simpatizante Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018.- Rubén Cela anunciou en rolda de prensa que […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social, Agenda, Portada

As cacharelas da noite de San Xoán

O prazo para solicitar os permisos para as cacharelas e/ou sardiñadas esta aberto ata o día 15 de xuño. O modelo de solicitude está a dispor da cidadanía na Oficina de Atención ao Cidadán, na rúa Salvador Allende, ou na web municipal. Impreso de solicitude Normas de seguridade As cacharelas estarán prohibidas na praza do Obradoiro, Quintana, Toural, Praterías, San […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social

Os cadros depresivos son más frecuentes en mulleres que nos homes

Neste 28 de maio, Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  aproveitan para significar o dereito de todas as mulleres a gozar dunha saúde de calidade e gratuíta, tamén no ámbito da saúde mental. Por iso, desde esta entidade que representa a máis de 70.000 psicólogos e psicólogas colexiadas de todo […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad, Cultura, Portada, Teatro

O programa Teatro Ob-sceno empeza este venres e terá unha visión feminina

Comenza o programa ‘teatro Ob-sceno’ na súa segunda edición. Trátase de accións escénicas curtas experimentando sensacións e interactuando co público espectador. Os espacios do ambigú, o montacargas e o gardarroupa do Centro Dramático Galego acollerán do venres 25 ao domingo 27 dous pases diarios, ás 19,00 e ás 20,30 h., das pezas Amor de Helen Bertels, Deixa de tocala, Sam […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Social, Agenda Santiago, Portada

O Nobel Stanley Prusiner interveu sobre as enfermidades priónicas nunha nova conferencia do programa ConCiencia

O Premio Nobel de Medicina en 1997, Stanley Prusiner, impartiu este mércores no Palacio de congresos e exposicións de Galicia unha conferencia convidado polo Programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, coa colaboración de Prion 2018 e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad. Prusiner, que gañou o máximo […]

Seguir Leyendo ›
Por / en Actualidad Política, Actualidad Social, Portada

Unha chamada de urxencia; Fayez Badawi, portavoz para Europa do FP para a Liberación de Palestina

Dentro das actividades do 5° aniversario do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes, hoxe compareceu en Santiago de Compostela o activista palestino Fayez Badawi, membro da FPLP (Fronte Popular para a Liberación da Palestina) e o portavoz para Europa. Convidado por Mar de Lumes participará en diferentes actos e encontros políticos co fin de dar a coñecer os […]

Seguir Leyendo ›