Actualidad, Agenda Santiago, Artes Plásticas, Cultura — 16 septiembre, 2018 a las 18:51

Arte contemporáneo. Miradas abertas ao concepto

Por

O xeito de mirar tamén require de indicacións para gañar  entusiasmo 

Onte estiven no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela para mirar tres exposicións

Tres propostas de actualidade: Colección CGAC 25 – En construción -Nicolás Combarro. Forma, Acción

Foto. Mariel Norat

O acto que foi organizado pola Plataforma de Galeras en colaboración co CGAC, tivo o privilexio de contar co director da institución, Santiago Olmo, como guía de excepción, unha circusntancia que  vén dada, xa que tamén é o comisario destas exposicións. O percorrido resultou do máis enriquecedor dentro desa mirada de cada quen deste grupo que se atopaba facendo a visita. Asemade, as explicacións para as liñas de entendemento que nos ofreceu Santiago Olmo, como experto, e coñecedor das fontes creativas dounos importantes claves para a comprensión das mostras. Todo isto,  fíxome pensar que en Compostela temos espacios de gran relevancia, que nós mesmos, como habitantes desta cidade tiñamos que visitar un pouco máis. Pero non esquezo que un espacio de arte é un punto sempre moi discutido de como e cal debe ser o proxecto da súa estratexía para que a xente, e sobre todo a veciñanza, teña curiosidade e apego por coñecer o que atesoura as edificacións de relevancia da súa contorna. En teoría son espacios públicos,  de pertenza compartida que teñen como finalidade que sexamos mellores.  

FOTO. Mariel Norat

Sen dúbida, é certo, non a todos lles gusta ou lles é doado entender o sentido destas pezas. Por iso, ter alguén que oriente en este tipo de visitas é fundamental para iniciarse e desfrutar das corrientes artísticas. Nesta liña, preguntei ao director, Santiago Olmo, si había algún día de visitas guiadas e  indico que todos os sábados hai unha persoa que ten esta misión no Centro Galego de Arte Contemporáneo. Polo tanto, todos os sábados ás 12 da mañá pódese visitar as exposicións de xeito guiado, excepto na temporada estival. 

As tres mostras que miramos

 Colección CGAC 25 – En construción -Nicolás Combarro. Forma, Acción +Info 

Foron as exposicións que tiven o gusto de visitar, co grupo estupendo que organizou a Plataforma de Galeras, e que presentan propostas interese baseadas no conceptual. Son certamente recomendables para recoller puntos de vista, para recrearse na creatividade destes tres autores nun continente de privilexio creado polo sempre interesante arquitecto Alvaro Siza. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.