Agenda Santiago, Cultura, Literatura, Música, Portada — 27 marzo, 2018 a las 16:15

aRi{t}mar vén de escoller A banda da Loba xunto con Salvador e luísa Sobral no eido musical

Por

Os premios aRi{t}mar van desgranando os gañadores da nova edición 2018

Os votos populares emitidos no certame aRi[t]mar galiza e portugal promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2017 son A banda da Loba con Bailando as rúas e Salvador e Luísa Sobral con Amar pelos dois. Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2018.

Gonzalo Constenla Bergueiro, director da Escola Oficial de Idiomas, fixo os agradecementos.

Os seguintes máis votados, nos segundos postos, foron De Vacas (GZ) por Amodiño e Tiago Bettencourt (PT) con Se me deixasses ser e os terceiros MJ Pérez (GZ) por Casandra, e Ana Bacalhau (PT) con Leve como uma pena e Carolina Deslandes (PT) por A vida toda.

Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame xerou moi boas expectativas e contou cunha alta participación popular.

Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da USC, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego.

A seguinte fase do certame consiste na escolla de poesías gañadoras, que se poderán votar desde mediados de abril até o 20 de maio.

aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

aRi[t]mar como iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, conta co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela, a Deputación Provincial da Coruña e das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Xunta de Galicia, así como do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e Instituto Camões-Centro cultural Portugués de Vigo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.