Apoios do Consorcio a Cineuropa, Fundación Granel, Auditorio de Galicia e o AGADIC entre outros

Por

Apoio a iniciativas culturais e formativas da cidade

 

Co fin de apoiar diferentes actividades culturais na cidade, o Consorcio mantén unha serie de convenios con diversas entidades coas que colabora dende hai anos. É o caso do Festival Cineuropa, a Fundación Granell e o Auditorio de Galicia.

Foto: Mariel Norat

Ademais, destinarase unha axuda á AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) para a organización do evento internacional de televisión Conecta Fiction, centrado na coprodución de series e miniseries de ficción entre Europa, Estados Unidos e América Latina. Tralo éxito da primeira edición, celebrarase de novo na cidade compostelá en xuño de 2018.

Tamén se avanzou nun novo convenio coa Fundación laboral da Construción -xa instalada na súa nova sede do Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba- para a realización de accións formativas vencelladas ao eido da rehabilitación.

Por outro lado, no transcurso da xuntanza propúxose incrementar a dotación ao Programa ConCiencia de divulgación científica da Universidade de Santiago, que esta mesma fin de semana recibía o Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas. O Consorcio colabora con este programa dende a súa creación, no ano 2006, e a finalidade e traer máis premios Nobel a Santiago e aumentar as actividades de divulgación científica na cidade.

Outras intervencións en monumentos e axudas á mellora de inmobles e locais comerciais da cidade histórica

 Entre outras actuacións que se propoñen para 2018, están as intervencións nas igrexas de San Fructuoso e Santas Mariñas, a restauración do retablo da capela da Pastoriza e continuar coas obras no Auditorio de Galicia. Tamén se manterán as habituais liñas de axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica; o programa “Localízate”, destinado a mellorar a accesibilidade, a eficiencia enerxética, a imaxe exterior e o acondicionamento interior dos locais comerciais situados neste ámbito; así como o programa “Ter é manter”, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*