Amnistía Internacional defendendo o Día dos Dereitos Humanos dende Galicia

Por

Hoxe 10 de decembro é o día internacional dos DDHH e Amnistía Internacional de Galicia ten preparadas actividades en todas as cidades galegas.
 A campaña #personasxpersonas leva anos ofrecendo esperanza a quen ve vulnerados os seus dereitos con cartas dos máis de 8 millóns de socios de Amnistían Internacional no mundo.

 

O lanzamento dun informe anual sobre a violencia sexual en España, a emisión dun documental sobre a violencia institucional en España, mobilizacións pola liberdade de expresión, un concurso de microrrelatos polos dereitos humanos na rede de escolas de Amnistía Internacional Galicia ou a visita de defensores dos dereitos humanos amezados polo seu labor como Gustavo Pedraza son só algunhas das moitas accións que Amnistía Internacional Galicia levou a cabo en diferentes vilas galegas durante o ano 2017.
Celebración do día da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro) con diferentes actividades nas cidades galegas.
Amnistía Internacional Galicia quere animar á comunidade galega a conmemorar esta efeméride acudindo a algún dos actos que se levarán a cabo nos próximos días.

Info do acto de Pontevedra

A Torre de Hércules iluminouse de amarelo ás 10 da mañá para conmemorar o 70 aniversario da Declaración de Dereitos Humanos. É a primeira vez que Amnistía Internacional Coruña promova esta iluminación para festexar e destacar a importancia deste fito histórico, cando ese día de 1948, a Asemblea Xeral da ONU proclamou os dereitos inalienables e inherentes a todas as persoas.

Este 2018, ademais, Amnistía Internacional conmemora que hai 30 anos iniciou a súa andaina na Coruña. O grupo local quere finalizar os actos do seu aniversario recordando o 10 de decembro a todos e todas os que sofren por non ver os seus dereitos humanos respectados. A todas as persoas polas que Amnistía Internacional se mobiliza.

Xente que non ten fogar, as vítimas de violencia machista ou violencia sexual, os presos e presas de conciencia, os e as iemenís, inmigrantes que abandonaron o seu país por mor da guerra, a fame ou a persecución. As vítimas de delitos cometidos durante a Guerra Civil e o Franquismo, que aínda esperan xustiza. As persoas que son torturadas ou sufriron desaparicións forzadas. As que están condenadas á pena de morte, pobos indíxenas vítimas de xigantes petroleiros, os nenos e nenas soldado. Os 140 millóns de mulleres e nenas que sufriron mutilación xenital feminina en países como Guinea, Burkina Faso, Kenia ou Exipto. As 779 persoas que foron encarceradas en Guantánamo, a maioría sen cargos nin xuízo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.