Actualidad, Cultura, Música, Portada — 6 Junio, 2017 a las 11:54

Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais protagonistas coa Real Filharmonía de Galicia no Teatro Principal

Por

Once alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais tocarán como solistas coa Real Filharmonía de Galicia no xa tradicional concerto extraordinario do centro

Celebrarase mañá mércores, 7 de xuño, no compostelán Teatro Principal, ás 20:30 horas, baixo a batuta de Maximino Zumalave

A entrada é gratuíta previa retirada de invitación no Principal

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, un curso de posgrao recoñecido como título propio pola Universidade de Santiago que naceu hai seis anos como unha experiencia pioneira en España. Diríxese aos que remataron os seus estudos musicais e buscan integrarse nunha orquestra. Como colofón ao ano académico, varios alumnos do centro, seleccionados polo seu nivel de excelencia, participan como solistas nun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG).

O concerto desta edición celebrarase mañá mércores, 7 de xuño, ás 20:30 horas no Teatro Principal. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do propio teatro, de 18:00 a 21:00 horas de martes a sábado ou unha hora antes do inicio do concerto.

A escola e a orquestra conforman un proxecto musical único, xa que os profesores instrumentais da EAEM proceden da Real Filharmonía, coa que os alumnos participan nos seus concertos ao longo da temporada. Nesta ocasión os músicos estarán dirixidos polo mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG e da escola.

Obras de Vivaldi, Mozart, Emanuel Bach, Haydn, Weber, Bottesini, Dvoràk e Bruch

 Os once alumnos seleccionados para participar como solistas neste concerto son Agate Amilibia e Enrique García, violoncellos, Lola Salas, frauta, Paloma Diago, violín, Sara Fernández, óboe, Borja Suárez, trompeta, Azucena Mirás, fagot, Amador del Pozo, contrabaixo, Garazi Echeandía, violín, Daniel González, clarinete e Ane Aguirre, viola.

 Cada un deles protagonizará unha obra para o seu instrumento. Tocarán obras completas ou fragmentos do Concerto para dous violoncellos de Vivaldi, Concerto para frauta de Carl Phillipp Emanuel Bach, Concerto para violín nº 4 de Mozart, Concerto para óboe de Mozart, Concerto para trompeta de Haydn, Concerto para fagot de Carl Maria von Weber, Allegro alla Mendelssohn de Giovanni Bottesini, Romanza para violín de Antonin Dvoràk e Concerto para clarinete e viola de Max Bruch.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*