Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago

sábado, 12 enero 2019

A cámara escura da Casa do Cabido

Horarios do venres e sábado, o domingo só pola mañá.
Mañá: 11:30h | 12:15 h.| 13:00 horas
Serán: 16:15 e ás 16:45 horas

Coñecer o principio da fotografía. Xornadas de portas abertas con visitas guiadas Á cámara escura da Casa do Cabido
***Un fotógrafo será o encargado de realizar estas visitas guiadas que permitirán aos asistentes achegarse á física e ao principio da fotografía.

Non é necesario inscribirse nas mesmas, simplemente estar na Casa do Cabido ao inicio dalgunha das horas previstas. Só deberán concertar previamente a visita os colexios ou grupos a partir de 15 persoas, chamando ao teléfono da Casa do Cabido (981 576 661).

11:00 e as 14:00 h. Mercado de Troco. Será na zona exterior cuberta do Centro Cívico de Conxo, na praza Aurelio Aguirre + Info

***Será unha boa oportunidade para intercambiar aqueles vellos xogos, xoguetes e libros infantís que todos temos na casa en bo estado por outros que sexa máis do noso agrado. Ademais, dende as 11:00 horas, haberá xogos tradicionais da man de Xandobela.

Teatro. Escenas de Cambio. Cidade da Cultura. Monte Gaiás

16.00 h. Escoliña do espectador con Idoia Zabaleta

20:30 h. Teatro. Masa madre + Sal marina, do binomio creativo formado por Cristina Balboa e Manuel Parra García. Salón Teatro

Museos e Exposicións

Ata o 3 de febreiro

 Alba de Gloria,  recrea o universo do último gran discurso que Castelao pronunciou en vida. Foi en Bos Aires, no  exilio no Teatro Arxentino, un 25 de xullo de 1948.

 ***Trátase  dun traballo audiovisual. Pódese visitar  no Panteón dos Galegos Ilustres

Ata o 3 de marzo

Exposición en Galicia do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre. Unha obra da xenialidade de Castelao adicada a Alexandre Bóveda. O intelectual galego que fora asalsinado na Guerra Civil. Esta creación está cargada de simbolismo, é un canto á liberdade e aos galegos emigrantes. Estará exposta no Museo Centro Gaiás (Piso 3). Cidade da Cultura

Exposición Fotos Únicas de Inés Gontad artista plástica e fotógrafa. Carmen Guerrero, artista invitada, especializada no gravado. Comisario Manuel Nieto. Centro Empresarial do Tambre (Polígono do Tambre)

Horario Museos

Museo do Pobo Galego:  de martes a sábados: 10:30 – 14:00 e de 16:00 – 19:30h. Domingos e festivos: 11 a 14h

Detalles

Fecha:
sábado, 12 enero 2019

Lugar

Santiago
Santiago de Compostela, España + Google Map