Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago

miércoles, 9 enero 2019

19:00 h. Manifestación en Santiago. Sanidade. dende a Praza Roxa

Teatro. Escenas de Cambio. Monte Gaiás, Cidade da Cultura

15.30 h. Obradoiro con Isidoro Valcárcel Medina
17.30 h. Escoliña do espectador con Idoia Zabaleta
18.00 h. A casa vella. Presentación do novo proxecto de Nuria Sotelo e Cris Sánchez
19.00 h. Dumy moyi. François Chaignaud
20.30 h. A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez. Celso Sanmartín

20:30 h. Música Clásica. A pianista Noemí Salomón e a soprano Anaís Fernández interpretarán unha selección da extensa obra para piano e canto-piano do mestre José Fernández Vide. Facultade de Xeografía e Historia

***Organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración coa USC.

21:30 h. Proxeccións. Organiza Cineclube de Compostela. Cluny Brown. O Pichel (Santa Clara, 21)
(Cluny Brown, Ernst Lubitsch, EUA, 1946, 100′, VOSG)

Museos e Exposicións

Na Casa do Cabido ata o 9 de xaneiro
Resumo breve de Compostela Ilustrada,  do traballo realizado durante estes tres anos de vixencia do certame -2016, 2017 e 2018-  polos artistas convidados, tanto figuras recoñecidas como valores en alza, e polos participantes no mesmo. É o caso de nomes como Javier Mariscal, Miguelanxo Prado, os franceses Catel Muller e Lapin, Fausto, Maru Godas, Inma Serrano, Celia Burgos, Joaquín González Dorao, Isabell Seidel, Ana Luisa Frazão, Mr. Zé, Nanda Cabaleiro ou o xaponés Ikeda Munehiro, entre outros moitos.

Horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público

Ata o 3 de febreiro

 Alba de Gloria,  recrea o universo do último gran discurso que Castelao pronunciou en vida. Foi en Bos Aires, no  exilio no Teatro Arxentino, un 25 de xullo de 1948.

 ***Trátase  dun traballo audiovisual. Pódese visitar  no Panteón dos Galegos Ilustres

Ata o 3 de marzo

Exposición en Galicia do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre. Unha obra da xenialidade de Castelao adicada a Alexandre Bóveda. O intelectual galego que fora asalsinado na Guerra Civil. Esta creación está cargada de simbolismo, é un canto á liberdade e aos galegos emigrantes. Estará exposta no Museo Centro Gaiás (Piso 3). Cidade da Cultura

Exposición Fotos Únicas de Inés Gontad artista plástica e fotógrafa. Carmen Guerrero, artista invitada, especializada no gravado. Comisario Manuel Nieto. Centro Empresarial do Tambre (Polígono do Tambre)

Horario Museos

Museo do Pobo Galego:  de martes a sábados: 10:30 – 14:00 e de 16:00 – 19:30h. Domingos e festivos: 11 a 14h

 

Detalles

Fecha:
miércoles, 9 enero 2019

Lugar

Santiago
Santiago de Compostela, España + Google Map