Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago

martes, 8 enero 2019

Teatro. Escenas do Cambio. Cidade da Cultura, Monte Gaiás

15.30 h. Obradoiro con Isidoro Valcárcel Medina
17.00 h. Escoliña do espectador con Idioa Zabaleta
18.00 h. Spanberguianismo. Presentación do libro por parte de Alejandra Pombo
19.00 h. Preguntas con respostas. Esther Ferrer
20.30 h. Jinete último Reino. Fragmento 3. María Salgado e Fran MM Cabeza de Vaca

Museos e Exposicións

Na Casa do Cabido ata o 9 de xaneiro
Resumo breve de Compostela Ilustrada,  do traballo realizado durante estes tres anos de vixencia do certame -2016, 2017 e 2018-  polos artistas convidados, tanto figuras recoñecidas como valores en alza, e polos participantes no mesmo. É o caso de nomes como Javier Mariscal, Miguelanxo Prado, os franceses Catel Muller e Lapin, Fausto, Maru Godas, Inma Serrano, Celia Burgos, Joaquín González Dorao, Isabell Seidel, Ana Luisa Frazão, Mr. Zé, Nanda Cabaleiro ou o xaponés Ikeda Munehiro, entre outros moitos.

Horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público

Ata o vindeiro 12 de xaneiro 
Exposición colectiva do grupo de artistas plásticos compostelanos “Artefacto”. Salón Araguaney

Os artistas que forman parte desta mostra son: Rosa García, Andrea Mariño, Isabel Rey, María Salvado, Beatriz Sesar, Inés Toca, Elena Vieito, Luz Balado, Alisa Butórina, María Jesús Cobelo, Chus Cundines, Ana Esmorís, Margarita Esmorís e Carmen Fidalgo.

Horario: de 12:00 a 13:30 h. e de 17:30 a 21:00 horas.

Ata o 3 de febreiro

 Alba de Gloria,  recrea o universo do último gran discurso que Castelao pronunciou en vida. Foi en Bos Aires, no  exilio no Teatro Arxentino, un 25 de xullo de 1948.

 ***Trátase  dun traballo audiovisual. Pódese visitar  no Panteón dos Galegos Ilustres

Ata o 3 de marzo

Exposición en Galicia do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre. Unha obra da xenialidade de Castelao adicada a Alexandre Bóveda. O intelectual galego que fora asasinado na Guerra Civil. Esta creación está cargada de simbolismo, é un canto á liberdade e aos galegos emigrantes. Estará exposta no Museo Centro Gaiás (Piso 3). Cidade da Cultura

Exposición Fotos Únicas de Inés Gontad artista plástica e fotógrafa. Carmen Guerrero, artista invitada, especializada no gravado. Comisario Manuel Nieto. Centro Empresarial do Tambre (Polígono do Tambre)

Horario Museos

Museo do Pobo Galego:  de martes a sábados: 10:30 – 14:00 e de 16:00 – 19:30h. Domingos e festivos: 11 a 14h

Preme para ir ao programa Nadal do Concello

 

Detalles

Fecha:
martes, 8 enero 2019

Lugar

Santiago
Santiago de Compostela, España + Google Map