Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago

lunes, 7 enero 2019

12:00 h. Concentración da Plataforma Pensionistas de CompostelaPraza do Obradoiro

O colectivo de Pensionistas e Xubilad@s. reivindican se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; se recolla na Constitución Española a garantía das pensións públicas, o seu sostemento, a revalorización anual segundo IPC e a suficiencia das pensións actuais e futuras; se derrogue o “factor de sostenibilidade” actual; pensións mínimas de 1.084 € que garantan poder vivir con dignidade conforme á Carta Social Europea; eliminación da fenda de xénero, entre outras …

***Propoñen que  se asista á concentración cun chaleco fluorescente (emerxencias de vehículos), para facerse ver!

Teatro. Escenas do Cambio. Cidade da Cultura

15:30 h. Obradoiro con Isidoro Valcárcel Medina
18.00 h. Os voy a contar mi vida. Esther Ferrer
19.00 h. Empapelado amarelo. A quinta do cuadrante (Melania Cruz e Tito Asorey)
20.30 h. Tres solos: Olympia, Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings e Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois. Vera Mantero | Ao rematar, conversa entre Esther Ferrer, Vera Mantero e Idoia Zabaleta

Museos e Exposicións

Na Casa do Cabido ata o 9 de xaneiro
Resumo breve de Compostela Ilustrada,  do traballo realizado durante estes tres anos de vixencia do certame -2016, 2017 e 2018-  polos artistas convidados, tanto figuras recoñecidas como valores en alza, e polos participantes no mesmo. É o caso de nomes como Javier Mariscal, Miguelanxo Prado, os franceses Catel Muller e Lapin, Fausto, Maru Godas, Inma Serrano, Celia Burgos, Joaquín González Dorao, Isabell Seidel, Ana Luisa Frazão, Mr. Zé, Nanda Cabaleiro ou o xaponés Ikeda Munehiro, entre outros moitos.

Horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público

Ata o vindeiro 12 de xaneiro 
Exposición colectiva do grupo de artistas plásticos compostelanos “Artefacto”. Salón Hotel Araguaney

Os artistas que forman parte desta mostra son: Rosa García, Andrea Mariño, Isabel Rey, María Salvado, Beatriz Sesar, Inés Toca, Elena Vieito, Luz Balado, Alisa Butórina, María Jesús Cobelo, Chus Cundines, Ana Esmorís, Margarita Esmorís e Carmen Fidalgo.

Horario: de 12:00 a 13:30 h. e de 17:30 a 21:00 horas.

 

Ata o 3 de febreiro

 Alba de Gloria,  recrea o universo do último gran discurso que Castelao pronunciou en vida. Foi en Bos Aires, no  exilio no Teatro Arxentino, un 25 de xullo de 1948.

 ***Trátase  dun traballo audiovisual. Pódese visitar  no Panteón dos Galegos Ilustres

Ata o 3 de marzo

Exposición en Galicia do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre. Unha obra da xenialidade de Castelao adicada a Alexandre Bóveda. O intelectual galego que fora asasinado na Guerra Civil. Esta creación está cargada de simbolismo, é un canto á liberdade e aos galegos emigrantes. Estará exposta no Museo Centro Gaiás (Piso 3). Cidade da Cultura

Exposición Fotos Únicas de Inés Gontad artista plástica e fotógrafa. Carmen Guerrero, artista invitada, especializada no gravado. Comisario Manuel Nieto. Centro Empresarial do Tambre (Polígono do Tambre)

Horario Museos

Museo do Pobo Galego:  de martes a sábados: 10:30 – 14:00 e de 16:00 – 19:30h. Domingos e festivos: 11 a 14h

***Preme para ir ao programa Nadal do Concello

 

Detalles

Fecha:
lunes, 7 enero 2019

Lugar

Santiago
Santiago de Compostela, España + Google Map