Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago

sábado, 5 enero 2019

13:00 h. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á ofrenda floral a Valle-Inclán.  Cemiterio de Boisaca

Cabalgata  de Reis;

17:29 h. Chegada dos Reis Magos á estación do tren, onde serán recibidos por músicos e paxes. A continuación (18.00 h), percorrido polas rúas da cidade: rúa Santiago de Chile – Frei Rosendo Salvado – Praza Roxa – República do Salvador – Hórreo – Praza de Galicia – Rúa da Senra – Porta Faxeira – Rúa do Vilar – Xelmírez – Praza das Praterías – entrada Obradoiro.
19:15 h (aprox.). Chegada á praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde, a Corporación municipal e a Banda Municipal de Música.
19:40 h. Mensaxe dos Reis Magos dende o balcón do Concello.
19:50 h. Espectáculo de Pablo Méndez na Praza do Obradoiro
20:00 h (aprox.). Recepción dos Reis Magos a todos os nenos e nenas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.

Museos e Exposicións

Na Casa do Cabido ata o 9 de xaneiro
Resumo breve de Compostela Ilustrada,  do traballo realizado durante estes tres anos de vixencia do certame -2016, 2017 e 2018-  polos artistas convidados, tanto figuras recoñecidas como valores en alza, e polos participantes no mesmo. É o caso de nomes como Javier Mariscal, Miguelanxo Prado, os franceses Catel Muller e Lapin, Fausto, Maru Godas, Inma Serrano, Celia Burgos, Joaquín González Dorao, Isabell Seidel, Ana Luisa Frazão, Mr. Zé, Nanda Cabaleiro ou o xaponés Ikeda Munehiro, entre outros moitos.

Horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público

Ata o vindeiro 12 de xaneiro 
Exposición colectiva do grupo de artistas plásticos compostelanos “Artefacto”. Salón Araguaney

Os artistas que forman parte desta mostra son: Rosa García, Andrea Mariño, Isabel Rey, María Salvado, Beatriz Sesar, Inés Toca, Elena Vieito, Luz Balado, Alisa Butórina, María Jesús Cobelo, Chus Cundines, Ana Esmorís, Margarita Esmorís e Carmen Fidalgo.

Horario: de 12:00 a 13:30 h. e de 17:30 a 21:00 horas.

Ata o 3 de febreiro

 Alba de Gloria,  recrea o universo do último gran discurso que Castelao pronunciou en vida. Foi en Bos Aires, no  exilio no Teatro Arxentino, un 25 de xullo de 1948.

 ***Trátase  dun traballo audiovisual. Pódese visitar  no Panteón dos Galegos Ilustres

Ata o 3 de marzo

Exposición en Galicia do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre. Unha obra da xenialidade de Castelao adicada a Alexandre Bóveda. O intelectual galego que fora asasinado na Guerra Civil. Esta creación está cargada de simbolismo, é un canto á liberdade e aos galegos emigrantes. Estará exposta no Museo Centro Gaiás (Piso 3). Cidade da Cultura

Exposición Fotos Únicas de Inés Gontad artista plástica e fotógrafa. Carmen Guerrero, artista invitada, especializada no gravado. Comisario Manuel Nieto. Centro Empresarial do Tambre (Polígono do Tambre)

Horario Museos

Museo do Pobo Galego:  de martes a sábados: 10:30 – 14:00 e de 16:00 – 19:30h. Domingos e festivos: 11 a 14h

*******Preme para ir ao programa Nadal do Concello

Detalles

Fecha:
sábado, 5 enero 2019

Lugar

Santiago
Santiago de Compostela, España + Google Map