Actualidad Política, Actualidad Social, Agenda Santiago — 14 agosto, 2018 a las 10:34

Acto en memoria de Ánxel Casal, alcalde asasinado a mans do franquismo

Por

O vindeiro luns, día 20 de agosto ás 12 da mañá na Praza 8 de Marzo. Unha xuntanza que servirá para lembrar as persoas represaliadas pola ditadura

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2018.- O BNG de Santiago organiza o vindeiro luns 20 de agosto, un acto aberto en memoria de Ánxel Casal, alcalde nacionalista da cidade de Compostela en 1936 cando foi asasinado a mans do franquismo. Contará coa participación de Goretti Sanmartín Rei, portavoz municipal do BNG en Santiago; e das actuación dos Enxebres de San Lázaro e de Fiz de Cotobelo (Suso Martínez interpretará a Ánxel Casal).

Este acto reinvindicativo da súa figura e de todas as persoas represaliadas, terá lugar na Praza 8 de Marzo ao pé do que foi o almacén da editorial Nós.

En Santiago de Compostela foron 226 as persoas que padeceron algún tipo de represión, segundo datos recollidos na investigación Voces e Nomes e case cen as paseadas, executadas ou en prisión. A represión foi especialmente violenta nos anos da guerra e materializouse en Galiza no asasinato de máis de 5.000 persoas e noutras múltiples formas de violencia física: encarceramentos masivos, violacións, malleiras, rapado do cabelo, inxestión de aceite de rícino. A represión exerceuse con características especialmente violentas e machistas no caso das mulleres.

Nos anos da guerra e durante toda a ditadura franquista, a represión tivo outras múltiples manifestacións: depuración laboral, sancións económicas, espolio de bens, persecución ideolóxica, acoso psicolóxico e exclusión social, entre outras. A imposición violenta da ideoloxía, da moral, da educación e dos valores franquistas afectou a toda a sociedade e os seus efectos prolongáronse no tempo máis alá de 1975.

A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, volveu instar ao grupo de goberno de CA, tal como se aprobou en xullo de 2016, que se realice un monumento a Ánxel Casal na cidade coa inscrición das preto de cen persoas asasinadas ou que sufriron prisión da nosa cidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*