Actualidad Social, Agenda — 4 noviembre, 2017 a las 18:00

Abordar a situación das persoas sen fogar

Por

Profesionais de toda a Península reúnense en Santiago de Compostela para abordar a situación das persoas sen fogar

SONY DSC

A concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa o pasado venres, a II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela: Recursos Específicos, unha xuntanza que se celebrará o vindeiro venres, 10 de novembro, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela (avenida de Castelao s/n, Campus Norte). A xornada está organizada pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde e participada pola Mesa de Traballo para o estudo da situación das persoas sen teito-transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela, coordinada por Isabel Taboada, que acompañou á concelleira na presentación da xornada.

 

O público destinatario da xornada serán profesionais e persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como estudantes do ámbito social e comunitario. A asistencia á xornada é de balde previa inscrición a través deste formulario ata o 9 de novembro.

O programa da xornada contempla a participación de profesionais de referencia no estudio e asistencia do senfogarismo en distintos puntos da Península como Albert Sales, coordinador do Plan de Loita contra o Senfogarismo de Barcelona 2016-2020, Íñigo Parga falará dos recursos de baixa esixencia que se empregan no centro de día de Errekalde, en Bilbao; mentres María Rosario Jiménez apuntará propostas cara un cambio de modelo baseándose na súa experiencia como traballadora do Albergue de Zaragoza. A mesa estará presentada e moderada pola psiquiatra da Xerencia de Xestión Integrada do CHUS, Lucía del Río, experta na abordaxe do senfogarismo dende a perspectiva da saúde mental.

Máis información aquí

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*