Actualidad Social, Portada — 24 junio, 2018 a las 20:10

A véspera de San Xoán, noite máxica de herbas e cacharelas para purificarnos

Por

Co programa Roteiro da Memoria, iniciativa da Plataforma de Galeras, e da man do profesor da USC, Antonio Míguez Macho, coñecimos o emplazamento da antiga prisión franquista de Santa Isabel e a súa historia, ademais dunha pequena andaina por lugares únicos que non todos coñecen, pero que tamén son Compostela

FOTO. Mariel Norat. Saída ao Roteiro da Memoria. Organizado pola Plataforma de Galeras

Da parada do autobús de Galeras saímos ás 6 da tarde un grupo de persoas cara  a descubrir, nalgún caso, (entre nós estaba Encarna Otero)  a historia da cidade e recunchos sorprendentes agochados, a veces na memoria. Antes de partir tivo lugar a lectura dun poema de Marisol Pite adicada ás herbas que leu Ana Alonso. E Encarna Otero respondeu á utilización da auga feitieira. Preme para ver o vídeo

O roteiro da memoria co profesor da USC, Manuel Míguez Macho, que explicou a historia da Prisión de Santa Isabel e emplazou a súa ubicación 1º Vídeo  / 

A historia do como e o por que 2º Vídeo

Unha saída para visitar e recoller herbas cun sol de xustiza co que este sábado 23 quiso premiarnos a metereoloxía, e unha Encarna Otero en plena forma que levaba a dianteira e que nos ilustraba na recollida  das herbas de San Xoán. Encarna é fiel á tradición que lle enseñou a súa nai e por iso coñece con detalle a recollida e o rito desta data.

Unha visita guiada e roteiro que me deixa boa lembranza, e que, de seguro espero repetir o vindeiro ano. Algúns pódense preguntar, pero que é a noite de San Xoán? a resposta podería ser: o nacemento de San Juan Bautista no cristianismo, pero tamén podemos dicir que é o solsticio do verán; con  días longos e noites máis curtas. A celebración deste acontecemento faise con ritos paganos de tradición ancestral. Unha noite máxica que conta cos elementos para purificar: “o lume, a auga, terra…” saltar cacharelas, aguas feiticeiras con prantas,(que pode representar a terra) que se deixan ao relente da noite de San Xoán, no exterior, para a continuación, pola maña, lavar a cara, segundo marca a tradición… Grazas á Plataforma de Galeras que nos acolleron no grupo; a unha amiga e máis a min, neste paseo marabilloso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis fotos premendo aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.