A universidade privada en vantaxe con respecto á pública

FOTO. Mariel Norat_ Decano Xornalismo_J.R. Pousa

A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela conta con novo decano, o profesor titular D. Xosé Ramón Pousa Estévez (Compostela, 1953), doutor en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona na que estudou xornalismo. Investigador no Grupo Novos Medios, ten coordinado varios proxectos financiados polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia en relación co estudio da audiencia radiofónica, a aplicación de novas tecnoloxías dixitais e a utilización de ferramentas de comunicación no mundo da empresa. Autor de varios libros, entre os que mencionaremos o seu último título: La Radio, un medio en evolución.

Antes de incorporarse á USC en 1991 traballou en diferentes medios de comunicación: A Nosa Terra, La Voz de Galicia e Antena 3 Radio en Santiago de Compostela.

Dentro da Institución académica ten desenvolvido varias funcións: vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación (1993-2000) e director do Departamento de Ciencias da Comunicación (2000-2004). Ademais de secretario da Asociación Galega de Investigadores en Comunicación AGACOM (2006-2012).

P.- Cal son os seus obxectivos principais neste tempo de xestión ?

R.- O que máis me preocupa é o futuro profesional dos estudantes,  que podamos neste sistema de recortes continuos manter a calidade docente. Esa liña de valor significa contar cun número de profesores docentes e cunha dotación que permita ter en bo estado o material profesional dos laboratorios, necesario para  traballar nas prácticas. Nestes momentos é un tema que me ten preocupado, pois temos un material que empeza a ter problema de todo tipo; aínda que o mantemos en bo uso dános problemas, envellece e hai que repoñelo.

Toma de posesión como decano (17 de decembro de 2014) / O Reitor Juan Viaño e  José Ramón Pousa
Xosé Ramón Pousa tomou posesión nun acto presidido polo reitor Viaño (Foto: Santi Alvite)

P. O Plan Bolonia implantouse nas universidades españolas no 2010, despois de catro cursos o ministro de Educación e Cultura, José Ignacio Wert,  saca outro plantexamento de titulacións,  o 3 + 2, é algo así como rizar o rizo non? Que argumentos poden explicar estas medidas?

R. A verdade é que no cambio da licenciatura ao grado os alumnos perderon unha parte importante da súa formación. Houbo que renunciar a parte do temario e se chegou a un plan de estudos de mínimos. Polo tanto, é moi difícil tratar de encoller máis os contidos, e se o facemos será a costa de baixar o nivel de preparación dos nosos estudantes. Sei que hai países onde o Grado dura tres anos, pero estos estudos non prepara os alumnos para a vida laboral, senon que os obrigan a facer un posgrado en forma de máster con unha duración dun ano ou dous, como sistema para introducilos nas habilidades profesionais. A situación é complicada para a Universidade Pública, porque a priva dun número importante de alumnos nesa reducción dun ano (as taxas de matrícula). Por outra banda, coloca a Universidade privada en clara vantaxe con respecto á Pública. As universidades privadas son máis áxiles, e se poden adaptar moito mellor a estes cambios polo seu reducido tamaño. Ademais, o profesorado ten unhas características diferentes, con outro tipo de contratos e con moita maior flexibilidade. Todas estas circunstancias  van  poñer a Universidade pública en difícil competencia co sector privado.

O alumno sae perxudicado coa implantación dese novo sistema de Grado, xa que vai ter que facer un máster de dous anos que pagará a prezo de mercado. Na actualidade a lei marca uns prezos públicos do Grado que equivalen a unha parte mínima do costo real. Sin embargo,  a matrícula do posgrado do máster obriga ao custo  practicamente real. Total,  que imos a un  encarecemento  dos estudos.

P.- As columnas sociais  do benestar,  saúde e educación,  están sendo desmanteladas, desacreditadas en favor da privatización dos servizos.  Por este camiño, como será a Universidade Pública do futuro e quen poderá acceder ao coñecemento?

R.-Eu non dubido que hai que poñer máis racionalidade no sistema universitario, como en todo non?, Pero o que hai que ter moi claro é que para construir a sociedade do benestar fan falta bos hospitais, bos médicos, bo ensino básico, medio e universitario. Eu creo que esto explica a mellora de vida nestes últimos anos. Non hai que olvidar que fai oitenta anos a cuarta parte da poboación española era analfabeta. Hoxe temos un país que conta cun bo número de universitarios que nos coloca en lugares punteiros do mundo. Todo o que sexa diminuir os avances tanto en sanidade como en educación é unha caída desta sociedade e me preocupa enormemente como docente, como pai de familia e como persoa. A loita da sociedade española para que os  seus fillos atoparan unha oportunidade que eles non tiveron foi unha constante e agora todo isto corre un perigo moi grave.

P.- Considera vostede que se podería facer unha mellor xestión dos recursos desta Facultade?

R.-A Facultade de Ciencias da Comunicación ten pouco máis de 20 anos, eso é unha vantaxe sobre as outras. Creouse cun plan moderno de estudos moi próximo ao Grado. Non ten nada que ver con esas facultades mostruosas que se xeraron na Universidade española dos anos 70, tipo a Complutense de Madrid, nin sequera ten que ver con otras facultades da propia Universidade de Santiago. A das Ciencias da Comunicación está ben dimensionada en canto a profesorado e alumnado. Dispon dun edificio e boas dotacións cuns laboratorios que no teñen outras facultades das Ciencias Comunicación, e esto foi grazas o esforzo que fixo a Universidade no seu momento.

Todo esto ten un mantemento que é complicado reducir. En canto o profesorado, ten moita carga de traballo e  temos problemas con determinadas prazas porque se eliminaron algúns profesores asociados debido os recortes nos últimos cinco anos. É difícil aforrar recursos públicos,  nese sentido estamos ao límite. Aínda así, recoñezo un equilibrio nesta Facultade en canto á dotación.

FOTO. Mariel Norat. Facultade Ciencias da Comunicación. Santiago de Compostela. USC

P.- Esta facultade acolle dúas carreiras: Xornalismo e Audiovisuais, cales son os maiores retos os que se enfrenta como decano?

R: O xornalismo está a pasar un dos momentos máis difíciles da súa historia, pero tamén teño que dicir que a comunicación nunca estivo mellor: vivimos na sociedade da comunicación e da información e por aí vai a haber un futuro espléndido. Pero cal é o problema?, o problema é que estamos nun cambio de marco, de paradigma, e todos os medios que procedían doutra época están cunha crise brutal. O problema é que non sabemos cara a onde imos, nin como definir novos modelos, novas estructuras, e sobre todo, novos mercados. Eu creo que no futuro o xornalismo vai ter maior xustificación da que tivo no pasado. Neste momento, a sobreabundancia da información fai cos cidadáns necesiten filtros que rompan con esa saturación informativa, e ofrézase noticias que lle interesen. É nesa mediación onde se xustifica a profesión periodística.

O problema actual é como vivir de esto, nestes momentos os xornais, as televisións e as radios entán en crise…Probablemente habera que pensar en medios máis pequenos e mellor dimensionados, e sen dúbida instalados na rede, e que atopen o mecanismo de financiación…Esta é unha situación que xa ten acontecido en outros momentos históricos; a radio cando naceu se pensaba que era unha cousa de ricos e que eles serían os que a financiarían e despois non foi así. Por tanto, son procesos históricos que hai que vivir aínda. 

Dende a Facultade a nosa  obriga está en investigar  para o desenvolvemento da profesión en todas as súas vertientes. E por suposto, formar e enseñar a ser periodistas  aos nosos alumnos.

P.- A aparición de internet supón unha oportunidade pero tamén moitos obstáculos nestas profesións; intrusismo, confusion, saturación da información, etc. Elementos que conlevan a degradación da profesión xornalística. Neste sentido, hai por parte das universidades preocupación polo asunto, teñen buscado algunha solución? 

R.-Os medios de comunicación padecen unha dobre crisis; a económica e a propia dos medios de comunicación. Internet se nos presenta como o gran horizonte do consumo mediático, pero neste momento se presenta como un problema porque aínda non sabemos como se vai a desenvolver e por iso hai grupos de traballo de investigación que están enriba deste tema. Con referencia a isto hai que recoñecer que hai unha problemática derivada do tamaño obsesivo en España. É dicir, non é normal que este país teña catro mil emisoras de radio, e que haxa un centos de periódicos…Non é posible sobrevivir no mercado. Polo tanto hai un problema de sobredimensión que hai que adaptar á realidade.

En canto o intrusismo e á confusión é un problema da sociedade española. A Constitución foi feita con demasiada presa e confunde a liberdade de expresión con a profesionalización da mediación. A Constitución ten que garantir que cada ciudadán poda expresarse libremente, pero non se pode confundir conque todos podan ser xornalistas. Por presión de determinados sectores deste país quedou consagrado na sociedade española e fai cas empresas xogen con eso porque evidentemente as beneficia; é máis doado contratar a calquera que a xente con unha preparación específica. Esta é unha batalla que se perdeu no seu momento e que dou lugar ao colexio de xornalistas para intentar modificar esto, pero aínda esta sin resolver. Esto marca o paso cara a un neoliberalismo claro,  e coloca a Constitución española dentro dese marco onde todo vale. Con todo hai que dicir que a formación Universitaria do xornalismo nace nos anos 70 e polo tanto antes se accedía sen unha formación específica. Eu mesmo cando cheguei a traballar nun medio de comunicación o 80% dos traballadores non era xente formada. Sin embargo, eso cambiou ao pouco tempo, porque entenderon que era moito máis rentable contratar xente cualificada.

Antigamente nas radios públicas había unha figura que era a de locutor ou locutora, non se esixía formación universitaria e só tiña que superar unha proba de locución, por esa vía entraban como locutor/a e despois facía periodismo ou axudantes de redacción. Nós, dende as facultades temos a labor de poñer no mercado persoas moi preparadas, e demostrar aos empresarios que é máis eficaz e rentable contar con profesionais.

P.-Pode Galicia absorber a todo ese capital humano que sae en cada promoción?

R.-Galicia foi terra que sempre xerou moitos xornalistas. Cando se abreu esta Facultade, foi moi criticado o feito de non permitir aulas de 100 alumnos en favor da grande demanda existente. O cupo por aula eran 80 coa intencionalidade de que tiveran unha mellor formación e non saturar o mercado. Con preto de 2000 periodistas formados nas nosas aulas dende a apertura desta Facultade, non nos podemos esquecer que o número de xornalistas galegos formados fóra da autonomía supera os mil e moito que obtiveron aquí o título. Saían a cursar as carreiras nas facultades da Pontificia de Salamanca ou no CEU de Madrid por non ter praza en Galicia nesta facultade. 

P.- Se tivera que facer unha valoración do Plan Bolonia con respecto á licenciatura

R.-O máis importante é a homologación de estudos a nivel europeo. Facilitou ter alumnos extranxeiros e que os nosos tamén puidesen estudar fóra, que por certo están moi ben considerados. Sen dúbida esto foi unha gran vantaxe, aínda que eliminou contidos que consideramos importantes e necesarios.

O Plan Bolonia tivo moitos defectos. Foi unha revolución a custe cero, porque non dotaron ás universidades para afrontar con calidade este proceso. Por outra banda, estes cambios continuos aos que nos están sometendo impide facer unha planificación a medio – longo prazo que siga unha liña efectiva.

P.- Aínda que sexa difícil adivinar o futuro do xornalismo, como cree vostede que podería ser?

R.-Son tempos difíciles que poden producir frustración na xente do sector,  pero se acabará atopando un camiño profesional na rede e nos novos soportes. No futuro veremos empresas moi diferentes das que tiñamos ata agora. Sobrevivirán os grandes medios no xornalismo impreso de papel con un número importante de tirada e proliferarán medios segmentados pequenos, grupos operativos de poucos profesionais. Unha sociedade de colectivos que conformarán unha globalidade interesante. Todo isto é posible se se encontra fonte de financiamento.

P.- Despois da xuntanza dos reitores,  a nova lei queda aprazada ata 2017

R.-A ver que pasa!. A decisión dos reitores é firme. Iso non significa que determinadas universidades privadas non o rompan, que seguramente pasará. Pero, hai que ter confianza en que as cousas póidanse replantexar.  Poderiamos ir a un Grado de 3 anos sempre e cando á Universidade Pública se lle garantice os recursos económicos para desenvolver un máster de dous anos e a matrícula dentro duns prezos razoables.

P.- Un cambio de goberno podería anular esta nova lei..

R.-Claro, é unha decisión política que se ampara en cuestións técnicas e discutibles.

Facultad de Ciencias de la Comunicación. USC
Facultad de Ciencias de la Comunicación. USC
Sobre Mariel Norat 210 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.