Actualidad Política, Actualidad Social, Portada — 23 marzo, 2018 a las 19:29

A reforma da lei da Saúde Pública foi aprobada pese á presión de forzas sociais en contra

Por

O pasado martes 20 entrou no Parlamento  a modificación da Lei da Saúde Pública para ser sometida á suspensión ou aprobación. Foi aprobada

Moitas foron as manifestacións e concentracións que esta modificación de lei ten propiciado por diversas forzas sociais que están representadas na Plataforma SOS Sanidade Pública. Nese día, o martes pasado, alí estaban, dentro e fóra do Parlamento para amosar o descontento dunha reforma que vén, segundo o indican, a mermar e recortar o servicio de saúde en xeral. O rexeitamento desta modificación de Lei, se fundamenta entre outras cousas, en que deixa áreas do rural sen atención sanitaria suficiente tendo que concurrir á cidade para ser atendida. Un xeito máis, engaden, de deixar ao rural totalmente desprotexido de servizos básicos. Como un primer paso para a privatización da sanidade. A Reforma da Lei de Saúde Pública foi aprobada neste martes 20, a pesar da indignación das xentes que levan loitando na contra dende hai tempo. Namentras no interior do Parlamento a modificación saía para diante, fóra pasaba isto.

 

Comunicado da Plataforma SOS Sanidade Pública

Plataforma SOS Sanidade Pública, manifesta a súa máis enérxica repulsa, pola aprobación, por parte do PP no “pleno da vergoña”, do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde. O PP deu un “golpe de estado sanitaro” aprobando co seu rodillo, unha Lei que non levaba no seu programa electoral.
Dende a Plataforma lle decimos o PP, que: punto e seguido…Seguiremos na loita por defender a Sanidade Pública Galega!

Con 71 presentes no pleno, 39 a favor do PP e 32 votos da oposición, aprobóuse esta modificación que supón a perda de 4 Áreas Sanitarias, a privatización da docencia e a investigación, a negación da participación social ca posta en marcha de organismos novos…por decreto…E o máis importante: en contra de tod@s.

Grazas á xente que se concentrou hoxe no exterior do Parlamento e a xente que estabamos dentro e nos escandalizamos escoitando o argumentario do PP, sin ninguén do goberno (excepto o Sr. Almuiña e a conselleira de pesca) e sin participar na votación o presidente do goberno Galego.

Lamentamos que esta Lei saira adiante…Pero estamos esperanzad@s de que pronto a podamos derogar, e facer POR CONSENSO, unha Lei que inclúa tódalas propostas da hoxe oposición política.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*