Actualidad, Actualidad Política, Actualidad Social, Galicia, Portada, Turismo — 9 noviembre, 2017 a las 17:31

A ponte de Pontevea declarado Ben de Interese Cultural (BIC)

Por

Hoxe  asinouse a declaración de Ben de Interese Cultural para a  emblemática ponte

A ponte de Pontevea marca a fonteira entre dous concellos, pero tamén entre dúas provincias A Coruña e Pontevedra

Pontevea

Os concellos de Teo e da Estrada están de noraboa, pois a ponte que une ambas localidades, hoxe foi proclamada como un Ben de Interese Cultural a conservar dentro da categoría de monumento. Onte o lugar foi visitado polos alcaldes de  A Estrada (Pontevedra), José López Campos,  e polo de Teo, Rafael Sisto;  que acompañaron ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na localización a ter en conta. O conselleiro sinalou, que se vai facer un proxecto de rehabilitación integral da ponte de Pontevea e un acondicionamento da súa contorna. Ademais da implicación deste dous concellos e da consellería da que é titular Román Rodríguez, tamén se implicarían as Deputacións de Pontevedra e A Coruña.

Esta será unha tarefa de acondicionamento para crear espacios de ocio, turismo e desfrute da cidadanía dentro dun escenario que marca localizacións imprescindibles da historia da Galicia como é a Ponte de Pontevea no discurrir do río Ulla.

Dende o BNG de Teo e da Estrada saúdan o proxecto e non esquecen os seus esforzos en prol do recoñecemento  sobre este patrimonio,  e manifestan: ” Agardamos que esta declaración non quede só niso, – nunha declaración-, e vaia máis alá do papel para poñer en valor un monumento que foi testemuña de acontecementos históricos moi relevantes, non só para o noso pobo, senón tamén para a Historia. É un monumento que forma parte da nosa herdanza, e temos a obriga de coidala e preservala para as xeracións futuras, do mesmo xeito que os nosos antergos nola legaron a nós. Representa parte da nosa riqueza material e patrimonial e reforza a nosa autoestima cultural, polo tanto o seu deterioro é o noso empobrecemento e agardamos que a declaración BIC poñan fin ao deterioro e ao esquecemento da Ponte por parte da administración galega máis tamén dos concellos de Teo e da Estrada.”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*