A pobreza centra a vindeira xornada do día Mundial da Saúde Mental

A pobreza fundamenta a xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

Non é necesaria inscripción. Entrada libre ata completar aforo

Este luns 10 de outubro, co gallo do Día Mundial da Saúde Mental, o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) organiza unha xornada na que a pobreza será a protagonista. Comezará ás 17 horas e desenvolverase na Aula Castelao da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, inaugurada pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago, Concepción Fernández, e a psicóloga clínica Rosa Cerqueiro Landín.img_34258

A primeira mesa vinculará a enfermidade mental e a pobreza e estará moderada pola psiquiatra Iria Veiga Ramos. Participará o psiquiatra Ramón Ramos Ríos, que abordará a pobreza e o trastorno mental grave; a psicóloga clínica Delia Guitián Rodríguez, que se centrará no suicidio; e Miguel Vieito Villar, xurista especializado en dereito á saúde e vogal do Comité de Ética Asistencial do CHUS, que se cuestionará sobre a relevancia xurídica dos factores emocionais.

A continuación, comezará unha conferencia coloquio, presentada pola psicóloga clínica Rocío Basanta Matos, e que levará o título «A exclusión social en Galicia». A conferencia correrá por conta de Pedro Fuentes Rey, sociólogo e membro do equipo de estudos de Cáritas Española.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.