A Plataforma de Pensionistas e Xubilados en Compostela reclaman pensións vinculadas ao IPC

 

Eran as 12 da mañá cando  a concentración da Plataforma Pensionistas de Compostela congregaba na Praza do Obradoiro  a moitas persoas que acudiron á cita do primeiro luns de cada mes. A choiva tamén acompañou unha mañá onde a plataforma fai unha decidida defensa pola loita para a dignidade de pensións.

O colectivo de Pensionistas,  Xubiladas e Xubilados  reclaman se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; se recolla na Constitución Española a garantía das pensións públicas, o seu sostemento, a revalorización anual segundo IPC e a suficiencia das pensións actuais e futuras; se derrogue o “factor de sostenibilidade” actual; pensións mínimas de 1.084 € que garantan poder vivir con dignidade conforme á Carta Social Europea; eliminación da fenda de xénero, entre outras

Así transcurreu a xuntanza no día de hoxe

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.