A oferta galega para os termalistas franceses

A Asociación de Balnearios de Galicia participou estes días en Thermalies, a feira do sector que se celebra cada ano en Francia

A Asociación de Balnearios de Galicia participou na feira internacional de termalismo en Francia «Thermalies» . O evento anual que se lleva a cabo na ciudade de París transcurreu do 21 ao 24 deste mes de xaneiro. A cita contou coas ofertas especiais de diversos balnearios e talasos galegos que alí estaban representados. 

Nesta iniciativa participaban, da provincia de Lugo, o Balneario de Guitiriz. A provincia de Ourense os balnearios de Arnoia, Laias (situado na localidade de Cenlle) e Lobios. Da provincia de Pontevedra o balneario Termas de Cuntis. E, dado que nesta experiencia cóntase coa colaboración da Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia -AEITEGAL-, tamén está a mostrar as súas propostas o Talaso Atlántico, situado no concello pontevedrés de Oia.

Os balnearios e talasos galegos integrados nesta iniciativa propoñen aos turistas franceses gozar dos encantos e da gastronomía de Galicia a través dos establecementos termais. 

Posibilidade de realizar proxectos conxuntos co sector termal europeo

Tal como resalta o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, ao longo destes días numeroso público está a acudir ao stand da Axencia Turismo de Galicia para interesarse pola oferta termal da comunidade. E manifesta a relevancia desta feira de cara a establecer encontros con representantes de balnearios, non só franceses, senón tamén doutros puntos de Europa, co fin de poder desenvolver proxectos conxuntos.

Segundo resalta Benigno Amor, apoiado polos datos dun estudo realizado por Turespaña, “no relativo á oferta de turismo de saúde por comunidades autónomas, Galicia ocupa o primeiro posto en canto a instalacións balnearias e o quinto lugar en centros de talasoterapia”.

Xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, xunto a Laurent Dupont, director de Termas de Luchon e delegado de Termatalia en Francia
Sobre Mariel Norat 213 artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.